Fillos busca novo xestor (oferta de emprego)

Versión 5 do noso taboleiro específico para anuncios persoais clasificados. Tamén para o troco de .
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Fillos busca novo xestor (oferta de emprego)

Mensagempor xestor » terça, 30 set 2008, 16:55

Descrición do posto: Xestor/a técnico-administrativo

Comezo do contrato: 1 de Novembro de 2008

Tipo de contrato: temporal ou obra con previsión a curto prazo de pasar a indefinido.

Horas/semana: 25 h.

Soldo bruto/mes (incluida prorrata pagas extra): 827 euros/mes, que será mellorado ata 1.042 euros/mes cando pasar a indefinido.

Lugar de traballo: Aldea Nova (Ames, A Coruña).

Funcións:
- Xestión técnica e administrativa da asociación Fillos de Galicia.
- Análise e desenvolvemento informáticos.
- Coordinación de recursos e personal (voluntariado e traballadores).
- Deseño e realización de proxectos.
- Xestión técnica dos portais responsabilidade de Fillos de Galicia.
- Promoción online da asociación.
- Dirección da realización de contidos para Internet.
- Captación de fondos para a asociación.

Requérese:
- Paixón pola cultura galega.
- Amplos coñecementos do idioma galego.
- Coñecementos acerca do fenómeno migratorio galego.
- Coñecementos de cultura, historia, xeografía, etc. galegas.
- Capacidade e experiencia en coordinación e organización de equipos e proxectos en Internet.
- Iniciativa propia.
- Coñecementos e experiencia en programación en entornos Apache-MySQL-PHP.
- Experiencia na xestión e personalización do CMS PostNuke.
- Experiencia en deseño de web: HTML, CSS, Javascript, etc.
- Coñecementos sobre comercio electrónico e marketing online.

Valorarase:
- Capacidade de xestión e dinamización de comunidades virtuais (redes sociais).
- Coñecemento e experiencia en entidades non-lucrativas.
- Experiencia en trato coa administración.
- Coñecementos e experiencia en xestión cultural.
- Coñecemento doutros idiomas: portugués e inglés.
- Experiencia na xestión do OSCommerce.
- Experiencia na instalación, configuración e adaptación doutras ferramentas de software libre: MediaWiki, WordPress, phpBB2, etc.
- Capacidade para o teletraballo.
- Coñecementos de Adobe Flash.
- Coñecementos de estándares web.
- Coñecementos de programación Ajax.
- Coñecementos de cibercultura.
- Experiencia en autoemprego.
- Capacidade de autofinanciamento.
- Coñecementos de modelos de negocio en Internet.
- Experiencia como colaborador ou voluntario en Fillos de Galicia ou nalgún dos seus proxectos.

Terán prioridade no proceso de selección aquelas persoas que sexan socias da Asociación Cultural Fillos de Galicia.

Os interesados deben enviar un e-mail a secretaria ARROBA fillos PUNTO org antes do día 15 de Outubro de 2008, incluindo o seu curriculum vitae e unha mensaxe explicando por que se consideran axeitados para o posto.

Grazas de antemán a todos os que vos interesedes polo posto.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Fillos busca novo xestor (oferta de emprego)

Mensagempor xestor » quarta, 15 out 2008, 18:53

Ben hoxe queda pechada a recepción de curricula. En breve comunicaremos quen é o elexido para o cargo.


Voltar para “Anuncios Clasificados: Compra, venda, traballo, etc.”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante