Son moitos anos calando

Para relatarmos as vivencias vitais dos nosos pais, nais, avós e avoas, eses herois da nosa Emigración...
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Son moitos anos calando

Mensagempor cachafeiro » quinta, 17 set 2009, 16:48

Son moitos anos que calamos a desventura dos nosos vellos e iso fai que algúns dubiden ou cuestionen o porque abandonaron a súa patria.
Non deixo de agradecer a internet a posibilidade de mostrar con imagenes o que non alcanza coas palabras.
Son 14 minutos, pero son suficientes para ver naqueles rostros a dor e a angustia de perdelo todo.
Porque "todo" é familia, infancia, mocidade, rios, montes, recordos, idioma, costumes, e penetrarse a un mundo descoñecido.
Si houbo fame en Galicia, fame de comida e de liberdade, e ambas son indispensables para que o ser humano sexa digno.
Roubáronlles a dignidade, que outra cousa podian facer que buscalas noutras terras?
Son 14 minutos para ver e escoitar.
Non hai dialogos, só cancións que puideron expresar tanta pena, tanto desamparo, tanta inxustiza.


http://flocos.tv/curta/cantigas-de-emigracion/

Estas son algunhas das letras que poderán escoitar no documental

CANTIGAS DA EMIGRACION

Eu son cantor de probreza
nemigo da esplotación.
Hai quen canta para os ricos
?cada copla un millón!

Veñan todos a ouvir
cantigas da emigración
dun pobo rexo que sofre
anguria e esplotación.

Arrimeime a ti salgueiro
pra me ver de consolar
e o salgueiriño choraba
¡o probiño meu penar!

Tanta xente polo mundo
camiño da emigración
son os fillos de Galiza
miña nobre gran nación.
(da asoballada nación)

Adeus rios, adeus fontes
augas de lindo beber
adeus ollar dos meus ollos
cando, cando ei de volver?

Adeus, adeus queridiña
adeus por sempre cecais
digoche este adeus chorando
denda veiriña do mar.

Tantos anos vos levou
fror da vosa mocedade
voltade hoxe a Galiza
loitar pola libertade.

Adeus rios, adeus fontes
augas de lindo beber
adeus ollar dos meus ollos
¿cando, cando ei de volver?

Letra e música:
RAMIRO CASABELLA

Pra a Habana!

I


Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!»

Alexandra Cachafeiro Camiña

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Son moitos anos calando

Mensagempor anavilat » quinta, 17 set 2009, 19:35

Danile González é de Lalin a miña Terra, viches que somos un pobo de artistas!?!? XD
Neste apartado de documentais tamén esta colgado un do mesmo autor no que saen meus bisavós!!! Colgeino ahi xa tempo en Fillos pero non lembro onde... a ver se topo o enlace....
Aqui esta;
http://www.fillos.org/galicia/index.php ... pic&t=3382
Viches que en Galiza ainda se fan cousas fermosas!! ;)

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Son moitos anos calando

Mensagempor cachafeiro » quinta, 17 set 2009, 23:01

Ola querida amiga:

queda mal dicir que os mais grandes personaxes de Galicia saíron de Pontevedra?? e de Terra de Montes? ;-)
Teño que agradecerche tanto o enlace de Flocos.tv, atopei vídeos marabillosos.
Que emoción debeu ser ver aos teus bisavós.
Canta xente non logra entender aínda canto lle debemos aos nosos vellos por deixarnos tan grande herdanza, que é o ser galegos.
Mil bicos irmá!!!!!!(ti tamén es Cachafeiro)

Séntate aquí compañeiro
tí nunha pedra i eu noutra.
Contaremos as pasadas
de Soutelo a Vilapouca.

Emigrante que saiches
polos camiños da Estrada
tes que volver logo a íles,
así lla levas soñada.

Avelino Cachafeiro



Alexandra Cachaferio Camiña
Filla de Terra de Montes


Voltar para “Historias da nosa emigración”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante