As froriñas dos toxos...

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

As froriñas dos toxos...

Mensagempor bershky » quarta, 04 ago 2010, 17:59

  
   
D´O ERMO (frag.)1920
As froriñas dos toxos
iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas d\'os toxos.
D\'os toxales as ténues froliñas,
que sorríen, a medo, entr\'espiñas.
Entr\'espiñas que o Ceyo agasalla
con diamante-las noites qu\'orballa.
¡Oh d\'o yerm\'o preciado tesouro!
as froliñas d\'os toxos son d\'ouro.
D\'ouro vello son, mai, as froliñas
d\'os bravos toxales, ¡d\'as devocións miñas!...
A saudade
Sol a queima i auga a molla,
i anda a probiña sen guía
buscando quen a recolla
des que morreu Rosalía.
Pisa cardos, pisa abrollos,
i a pènas o sol se pon
coas lagrimiñas nos ollos
entra no meu corazón.
Vén, de mansiño, coa lúa...
¡Dios sabe de dónde chega!
Portugal dice que é súa,
i as brétemas que é gallega.
I a enmeigadora sorrí
mentres a festexo eu
porque se demora aquí
si é certo que alá naceu.
Hai nestes ermos lugares
branca ermida,
i us penedos i us pinares
que lle cautivan a vida...
Sol a queima i auga a molla,
i anda a probiña sen guía
buscando quen a recolla
des que morreu Rosalía
Toda humilde belleza…
Vago xirón de brétema, atavío
soberbio de irta xesta, reidora,
fulgurante doíña de rocío
(pazo do sol e lágrima da aurora);
raiola de lunar que bica o río,
flor mareliña que entre espiñas chora,
ou das redes da a araña un tenue fío,
toda humilde belleza me namora.
É un vermiño de luz o amigo caro
do meu nume saudoso… Antes reparo
na nudez adorable dunha estrela
que nas rosas dos vales, que sorríen,
que nos mantos dos pinos, que se engríen,
que nas blondas do mar, que se rebela.
Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869 - Vivero,1947 )

Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 19 visitantes