isto non é un chiste galego, é andaluz

Para os temas da vida política do Estado Español que non teñen que ver directamente con Galicia.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

isto non é un chiste galego, é andaluz

Mensagempor cachafeiro » quinta, 04 fev 2010, 16:58

En Andalucía
Multado por poñer a data en éuscaro
O sindicato Hiru denuncia o caso dun transportista sancionado con 4.600 euros por poñer a data do tacógrafo na orde tradicional vasca.
Redacción - 10:30 02/02/2010
Tags: éuscaro denuncia Garda Civil transportista
O sindicato vasco de transportistas Hiru denunciou que a Garda Civil de Xaén multou un dos seus socios por escribir en éuscaro as datas nos discos do tacógrafo do seu camión. A contía da sanción foi de 4.601 euros.
Segundo informou o sindicato, o 15 de setembro uns axentes detiveron o vehículo do transportista, que circulaba por Andalucía, e solicitáronlle os discos do tacógrafo para revisar se estaban en orde. O profesional presentoulles os discos, onde a data aparecía na orde tradicional en éuscaro (ano/mes/día), en lugar da habitual en castelán (día/mes/ano), o que a Garda Civil interpretou como \"falsificación de follas de rexistro\", e así fixo constar na denuncia.
O transportista recorreu a multa mediante un prego de descargo, explicando que as datas marcadas son correctas e que están expresadas na súa lingua. Porén, a Consellaría de Obras Públicas e Transportes da Junta de Andalucía rexeitou a alegación, dando por boa a denuncia.
Hiru considerou que a denuncia presentada pola Garda Civil e a resposta da Junta \"non teñen xustificación ningunha\" e \"producen unha indefensión absoluta a todos os transportistas estranxeiros que circulan polas estradas andaluzas\".
http://www.vieiros.com/nova/78138/multa ... en-euscaro

Voltar para “Política en España”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante