
Este ano non tes escusa... ven comer a vincha a Cerdedo!!
A vincha é un doce ancestral que se prepara no Antroido cerdedense
A vincha é un doce feito dentro da vexiga do porco curada e secada ó fume da lareira.
O amoado componse de pan de trigo de boa calidade que será da víspera e irá partido en anacos, azucre, ovos de casa batidos e manteca de vaca, entre outros ingredientes. Estos ingredientes mestúranse e deixanse en repouso ata o día seguinte.
O amoado introdúcese dentro da vexiga, non máis das súas dúas terceiras partes. Cósese ben para pechala e posteriormente cócese ó baño María unhas dúas horas.
Por último pélase e degústase.
Segundo as receitas de cada casa este doce vaise personalizando a gusto de cada un/-ha; así pódense engadir reladura de limón ou laranxa, anís, leit, uvas pasas remolladas en viño quinado, incluso froita e froitos secos.
Ven con disfrace!! Este 14 de febreiro namórate da vincha...
Ó longo da festa sortearase unha Cesta de produtos ecolóxicos e da terra, merca xa as túas rifas!
Isabel Fraga
609 682 759
isafondos@yahoo.es
Secretaria da Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo
Tesoureira da Asociaicón polo Desenvolvemento dos Concellos do rural