

Non sabedes a ledicia de presentar e ver que fan tan boas migas os que levan tempo sendo non só compañeiros e socios senón amigos. E a especialísima ocasión de atoparnos todos nós por primeira vez con Mirtha, aínda que o tempo con eles fose taaan escaso. Onde te metiches pola noite Mirtha? Que concertos perdestes!!! Quempallou, Berrogüetto... e quedastes ao final sen escoitar a MasterGaita MIDI de Pedro Silva?
Menos mal que ides andar por aquí e nos volveremos ver seguro. A vindeira cita será en Antas de Ulla ou antes?
A Afonso Xabier esperamos tamén velo todos. Deixounos abraiados coma sempre coa súa cultura e carácter tan polifacético que o mesmo o facía conversar de construción, de software, de música, de literatura, de filoloxía... Sóubonos a pouco o tempo para tanto do que falar e tanta xente que se coñecía por vez primeira...
Espero que todos os que participaron me axuden a describir a tarde que compartimos.
Por certo, non quero deixar de dar as grazas aos que se desprazaron tantos quilómetros para esta ocasión tan especial: Inés & Juan, Afonso Xavier, Xosé Luís & Mari... Grazas de todo corazón! A ver cando nos xuntamos nas vosas terras. A vindeira será en Antas pero non podemos deixar de visitar pronto as terras de Muros e Carnota, e as de Coristanco... sen esquecer esa visita tan debida a Marisa cando volva do alén mar. Que xuntanzas non virá cotando!
