Esperamos que isto nos permita un maior achegamos á comunidade de orixe galega asentada na illa caribeña. Xa tiñamos participantes desde ese país irmán, pero moi poucos en comparación coa importancia cuantitativa do sangue galego na conformación do pobo cubano da actualidade. Por iso coido que a partir de agora habemos recibir máis visitas e participación doutros fillos e netos de Galiza procedentes de Cuba.
Amigos cubanos, benvidos á WWW, e benvidos á maior Comunidade Virtual (ou Rede Social) galega mundial!
