Buenos Aires declara la emergencia sanitaria

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

Buenos Aires declara la emergencia sanitaria

Mensagempor silvine » domingo, 05 jul 2009, 03:53

Asino esas palabras, compañeira. Eu estou nesa loita, na defensa da Política con maiúsculas, na reversión da súa usurpación polos partidos. Podes pasar por http://www.d-3.info a ver algunhas das ideas que defendo ao respecto, ou ler no meu blog acerca de democracia directa, na miña opinión a única democracia digna de tal nome.

Mentres non recuperemos a soberanía nos nosos respectivos países estaremos en mans de xente coma esta e pagará a nosa economía, a nosa saúde, a nosa felicidade... como diciades aínda non hai moito: "¡¡¡Que se vayan todos!!!"


Agradézoche chámesme ?compañeira?. É bo saber que non se está só na loita por lograr que o Estado cumpra o seu rol nunha democracia directa. Lin o teu blog e tomo nota do sitio que mencionas.
Eu aínda creo nas utopías, ho!

Agora, ese pedido de ?Que se vayan todos?, repetido ao son das ?cacerolas?... non se cumpre. Foi unha decepción para moitos de nós que se votase a quen (sen presentar plans, proxectos, nin falar dunha plataforma), pola súa formación, orixe e postura, revelan que haberá máis do mesmo. Non se foron; ao contrario, están máis presentes que nunca. O que chama a atención, e non se menciona, é a abstinencia e os votos en branco. Estaba instalado o ?¿que ou quen votar?? Velaí outra estatística que habería que coñecer: ¿Con que proporción de votos gañaron e perderon os partidos que se presentaron ás lexislativas? Temos unha sorpresa con o Pino Solanas na Capital. Pero isto xa excede o que falábamos no fío.
Saúdos.

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

Buenos Aires declara la emergencia sanitaria

Mensagempor silvine » domingo, 05 jul 2009, 04:44

Por certo, se ides tendo cifras de cantos mortos galegos (ou de orixe galega, claro) hai, envíadeas por favor. E de enfermos. Será un dato co que bater na conciencia dos galegos de Galiza acerca da situación no país irmán.

O teu pedido non é fácil de compracer.
O bo sería obter datos de fontes alleas tanto ás oficiais como ás de partidos e/ou políticos contrarios ao goberno, pois non son fiables. O goberno nacional ten aquí unha responsabilidade que parece non está disposto a cumprir. Algúns dos opositores de maior "peso" están moito máis direitamente vinculados con medios de comunicación, dos que son donos (hai unha verdadeira rede de "monopolio multimedia"), co cal a falta de exactitude estatística é dobre. Pódese comprobar a confusión que xeran, especialmente, na televisión (que saca bo proveito económico: sabemos que a traxedia "rende"). Uns calan e/ou ocultan, e os outros acusan e xeran caos (ata sendo goberno, porque a Cidade de Bos Aires, por exemplo, ten como Xefe de Goberno ao principal representante do partido "ganador" nas últimas legislativas).

Por iso, debemos recorrer a voces independentes, que estean facendo algún relevamento, dentro das restriccions debidas ao que sinalo.

Será cuestión tamén de esperar cifras provenientes de organismos vinculados coa colectividade galega, como os aportados xa neste fío. É moi probable que entre algúns dos falecidos ou afectados haxa netos o fillos de galegos. :-(

Saúdos moitos.

carlios
Mensagens: 4
Registado: sábado, 19 abr 2008, 20:30

Buenos Aires declara la emergencia sanitaria

Mensagempor carlios » domingo, 05 jul 2009, 17:12

Non sei rapaces, pero a mín me da a impresión de que este cachondeiño de gripe para enriba e para abaixo é precisamente unha pantomima para agocha-la crise económica, é un xeito de desviar a atención dos problemas.

Que non digo que esa gripe, que antes non tiñan tantos reparos en chamar porcina, non exista e non cause mortes, pero a verdade é que lles está a propocionar o balón de oxíxeno ideal. }:-)

De paso subliñar o que dí Alexandra, e non só pasa na Arxentina, á outra beira do charco tamén. Cada vez uns e outros (os que sexan) se asemellan máis, non é que desparezan as ideoloxías, estes se engaden a unha sóa, á dos grandes capitais.

Aínda non me fixen con barbijas desas, coma din alá, pero como non barbee prontiño, falla non me van facer.

saúdos.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Buenos Aires declara la emergencia sanitaria

Mensagempor cachafeiro » segunda, 06 jul 2009, 14:00

pandemia
Os galegos de Buenos Aires crean o seu comité de crise ante a gripe

Por agora, a clínica do Centro Galego non recibiu apoio da embaixada española

«Hai moito traballo, pero a xente aprendeu que non ten que vir por estar un pouco arrefriada», di unha doutora

Autor:
Agustín Bottinelli | Correspondente
Data de publicación:
5/7/2009
A comunidade galega en Arxentina respondeu aos embates da pandemia de gripe A. O Centro Galego de Buenos Aires creou o seu propio comité de crise para realizar un seguimento da marcha da enfermidade. Integrado polos responsables das áreas médica e social da clínica do Centro, formouse á vez que o do Goberno, fai un par de semanas. A súa tarefa é coordinar as medidas sanitarias, preparar salas especiais para pacientes con enfermidades respiratorias, difundir medidas preventivas e consellos en caso de contaxio entre os seus asociados, manterse en contacto coas autoridades para establecer estratexias conxuntas, como a derivación de pacientes entre os distintos hospitais públicos e privados, e levar un control diario da cantidade de infectados que chegan. Ata o momento non recibiron apoio da embaixada de España.
Desde fai quince días elevouse considerablemente o número de infectados (non hai unha cifra oficial) e as consultas na sala de garda multiplicáronse. Unha das médicas de quenda confirmou que «este fin de semana mostrouse máis tranquilo, agora hai moito traballo pero a xente aprendeu que non ten que vir por estar un pouco arrefriada ou ter calquera síntoma de gripe».
O Centro Galego está recibindo enfermos enviados doutras obras sociais. Por agora, os médicos e as enfermeiras acoden ao traballo e non se produciron baixas, habituais estes días noutros centros sanitarios. A colonia galega debátese entre a inquietude e a falta dunha resposta firme do Goberno da nación.
«Estou moi preocupada. Xa teño á miña irmá enferma e aínda que lle fixeron as probas aínda non poden confirmarme que sexa gripe A, pero ten todos os síntomas; ademais diagnosticáronlle unha pneumonía, o que complica moito todo. Xa me mandaron ao Hospital Muñiz a buscar a medicación polas dúbidas. ela tamén naceu na Coruña. E iso que usamos luvas, barbijo [máscara], moita lejía, moito desinfectante, pero se ve que non serviu». Juan José Díaz, fillo de galegos de Lugo. «A verdade é que non teño medo de contaxiarme. Tomo algúns recaudos como coidarme de non estar moi preto da xente, de lavarme as mans cada intre. Ocorre que se mal informou sobre este tema da gripe A. O Estado estivo ausente por culpa das eleccións e reacciona agora, que é un pouco tarde».
«Ata agora non tomei ningunha medida distinta ás habituais, precaucións coa hixiene e a limpeza. Unha sempre procura coidarse, consultar ao médico, pero non teño temor. Paréceme que o Goberno se demorou en actuar, como que non lle deron importancia aos primeiros casos. Hai que atender especialmente a nenez, os anciáns e moitas cousas que hai no aire». Priscila González Iglesias , inmigrante canaria que acode á clínica do Centro Galego. «Vin aquí porque teño á miña sobriña ingresada con gripe A. Trouxérona fai un par de horas, aínda non se nada, vingo a decatarme. é unha barbaridade, empezaron tarde a tomar medidas e agora estas son as consecuencias, é unha vergoña. A min paréceme que en España as cousas manéxanse doutro xeito; ademais están mellor equipados».

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2 ... oma=galego

´Saúde e República!!!

Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Buenos Aires declara la emergencia sanitaria

Mensagempor cachafeiro » terça, 07 jul 2009, 13:23

Gripe A
Los
galegos de Buenos Aires líbranse da enfermidade

| «Atendemos a unha poboación envellecida, e o mal afecta aos mozos», explican no Centro Galego

Autor:
Agustín Bottinelli | Correspondente
Data de publicación:
6/7/2009
O número de mortes por gripe A en Arxentina ascende a 62, segundo confirmaron onte autoridades do Ministerio de Saúde. A cantidade de infectados oficialmente é de 2.485. Por iso, o ministro da área, o médico Juan Manzur, pediu «responsabilidade individual e social e cambio dalgúns hábitos para coidarnos» con relación á pandemia de gripe, aínda que aclarou: «Non queremos impor restricións».
O infectólogo máis prestixioso do país, o doutor Daniel Stamboulian, asegurou que Arxentina está hoxe na metade do brote da pandemia e que as próximas tres semanas van ser clave para saber como vai proceder o virus. Ademais, destacou que é imposible e innecesario que os laboratorios documenten todos os casos e estimou que poderán chegar a máis de 3 millóns os afectados pola gripe e que desta cifra, o 85 por cento, 2.550.000, estarán infectados polo virus.
Onte comezaron as vacacións escolares en todo o país e tamén o asueto laboral obrigatorio para as mulleres embarazadas e empregados con afeccións respiratorias ou cardíacas crónicas. Tamén os empresarios resolveron cancelar a actividade dos teatros por dez días na Cidade de Buenos Aires.
Para combater o esperado pico de contagios da nova gripe, o Goberno usará os recursos das Forzas Armadas, algo que anunciará a presidenta Cristina Fernández de Kirchner nas próximas horas. Outra medida que se tomou onte pola tarde é a de fornecer o antiviral oseltamivir aos pacientes sospeitosos xa que ata agora só fornecíaselles o fármaco aos pacientes en risco e internados, como se fixo en México e Chile.
A doutora Mirta Sáez, a directora médica interina do Centro Galego, explicou onte a La Voz, que na clínica houbo un caso de falecemento por mor da gripe: «Un home arxentino, unha persoa novo , duns 25 anos».
Sáez confirmou que a clínica está á espera das probas que se realizan no Instituto Malbrán (o centro de referencia estatal) para saber se teñen novos casos. Por agora, están confeccionando unha estatística dos afectados e dos casos sospeitosos, «porque hai que enviar á Xunta un informe».
«Non temos ningún internado en estado grave nin na uci que sexa galego -explica Mirta Sáez-. Porque atendemos a unha poboación envellecida, os nosos galegos son viejitos, e hase visto que esta gripe afecta especificamente a nenos e a mozos. Os nosos anciáns están protexidos e aparentemente é porque este virus ten un xenoma parecido a outro virus de gripe da década dos sesenta. Os máis vellos teriamos algún recordo inmunológico para poder defendernos deste novo virus».
De todos os xeitos, a clínica intenta evitar que haxa aglomeración de pacientes. Os recoñecementos anuais pospuxéronse ata setembro, suspendéronse as cirurxías non urxentes. Pero a uci segue chea. Iso si, sen galegos por agora

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2 ... oma=galego

Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante