Denuncia da Coordinadora galega de ONG
A Coordinadora Galega de Organizacións Non Gobernamentais denuncia a redución nun 16,4 por cento da partida destinada pola Xunta a cooperación e desenvolvemento no proxecto de orzamentos para o próximo ano, que representa \'case dous millóns de euros menos\' respecto ao 2009.
A Coordinadora critica que a porcentaxe de contías destinadas pola Xunta a cooperación e desenvolvemento -uns 9,7 millóns de euros fronte aos 11,6 millóns do 2009- retrocederá a niveis do 2006, ao representar o 0,086 por cento das contas previstas polo Executivo autonómico para o vindeiro ano.
Do mesmo xeito, lamenta que se poña freo \"a unha tendencia histórica\" de incremento progresivo nesta partida e, sobre todo, ante as constantes reivindicacións e peticións de que se destine o 0,7 por cento do orzamento autonómico -compromiso a alcanzar polo Estado no 2012-.
Ademais, asegura que o total destinado pola Xunta a cooperación entre 1992 e 2010 equivale ao 0,7 por cento que piden dos orzamentos autonómicos de 2010, uns 79 millóns de euros. Ademais, trátase da cuarta partida que se viu máis recortada, \"só superada por Cultura, Política Lingüística e Medio Ambiente\".
Respecto ao gasto en cooperación por habitante, Galicia é a comunidade autónoma \"que menos diñeiro destina\" -inferior a Asturias, Andalucía ou Valencia- e, en comparación co Estado, o recorte producido \"duplica\" os datos nacionais -redúcese un 8% no Goberno Central e un 16,4% en Galicia-.
Conversas cos grupos
Doutra banda, o presidente da Coordinadora de ONG, Xosé María Torres, avanzou que están en \"conversas\" cos grupos parlamentarios galegos co obxectivo de que insten á Xunta a \"arranxar esta situación\" e, polo menos, \"chegar aos 13 millóns\" que destinou a anterior Xunta no 2009.
Así mesmo, sinalou que intentarán celebrar unha reunión \"durante o próximo semestre\" entre os tres partidos para intentar trasladar a Galiza o Pacto Estatal contra a pobreza e, así, \"conseguir un compromiso firme\" para a súa consecución
Fuente:http://www.anosaterra.org
A Xunta recorta un 16% o gasto en cooperación
-
- Socio/a
- Mensagens: 359
- Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44
Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante