A Comunidade da Desmemoria Histórica
MANUEL RIVAS 02/10/2009
Vota Resultado 54 votos
\"Os que non aman nen saben d\'amor / facen perder aos que amor am...\". Isto é de hai séculos, de Johán Baveca, unha das máis fermosas pezas nos Cancioneiros medievais, e non me digan que non é un aforismo para andar por Galicia a día de hoxe.
Talvez haxa quen pense que isto de falar de amor ou desamor a respecto dunha sociedade e dun tempo histórico é unha arroutada decimonona e unha terminoloxía resesa, de cando os animais falaban. Un dicir cursi ou lambido. Mais é xusto o contrario. Cómpre aclarar que un trazo esencial do cursi é a brutalidade. Unha brutalidade acicalada, iso si. É moi interesante para comprobar isto a lectura da Historia de la literatura fascista española, de Julio Rodríguez Puertolas, que vén de reeditar Akal. A cultura franquista mergullou as mentes durante décadas nunha atmosfera de matonismo cursi. Os bos escritores, para chegar a selo, tiveron que liberarse desa visguenta condición.
Vexamos dous exemplos moi notábeis. Na súa etapa fascista, Llorenç Villalonga soltou en verso que os falanxistas eran \"arcángeles morenos con correajes de cuero\". Logo, despegado dese fanatismo, escribiu unha obra extraordinaria, Bearn o la sala de las muñecas, unha saga balear comparada con Il gattopardo de Lampedusa. O caso tamén ben coñecido de Cela, que chegou a comparar o golpe fascista cunha \"flor lozana\". \"Surgió la flor lozana, y un poco emocionada, de esta viril y austera y española generación triunfal de lo imposible\". Só unha complexa metamorfose interior pode explicar que quen escribe iso é a mesma persoa que acadará o logro magnífico de La colmena. Houbo quen ficou no folletín panfletario, como o caso soado de José María Carretero, El caballero audaz, a quen Eugenio G. de Nora cando retratou o estilo: \"Destacan el matonismo autosatisfecho y la cursilería pretenciosa\".
Ver eu non vexo arcanxos nin demos arestora, menos mal, pero si que recampa un preocupante estilo caballero audaz. Un voceiro do Goberno, o deputado Agustín Baamonde, vén de anunciar a abolición da memoria. Até o de agora, segundo a Constitución, eramos unha \"nacionalidade histórica\". Imos camiño de ficar constituídos como un \"enigma sen historia\". Segundo o insigne deputado por Vilalba, en Galicia, a partir de agora, non vai haber Lei nin Memoria nin Historia. Isto xa parece o show de Houdini. Aquí desaparece todo. A lingua, a selección de fútbol, os cultur.gal, as troitas dos ríos... Calquera día non sae o Luar e a ver quen apaga a luz!
O que se debateu no Parlamento galego foi a continuación (ou non) do labor principiado na pasada lexislatura nese eido da chamada memoria histórica. A primeira sorpresa é que algo así se teña que debater de novo no Parlamento galego. A segunda sorpresa, segundo o lido en todas as informacións, é que o señor representante do Partido Popular anunciou que \"a Xunta non ía continuar coas medidas de recuperación da memoria histórica iniciadas polo bipartito\".
Comprendo que os novos gobernantes e os seus voceiros anden moi atarefados co proceso de deconstrución, mais cómpre lembrar que a labor de xustiza e reparación das vítimas da guerra e da longuísima ditadura é unha iniciativa que xorde na sociedade civil, moi anterior ao maldito bipartito, mais tamén é un imperativo legal dende o intre en que foi aprobada a Lei 52/2007 do 26 de decembro, no Congreso dos Deputados. Ese texto legal, o da Lei de Memoria Histórica, está asinado polo Xefe de Estado, Juan Carlos I, e comeza así: \"A todos los que la presente vieren y entendieren. Sabed: Que las Cortes Generales han aprobado y yo vengo en sancionar la siguiente ley...\".
Que o Partido Popular non estivera de acordo con este texto legal, non o exime do seu cumprimento. A non ser que teñan absolutamente interiorizado o moi irónico aforismo de Lec: \"O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento; o seu coñecemento, si\". Con todo, unha cousa é afiar o peteiro e outra andar tocando a choca. A lei obriga a todas as administracións públicas, que deberían ir por diante e ser exemplares no seu cumprimento. Entre outras obrigas, é esencial a que figura no Artigo 11: \"As administracións públicas, no marco das súas competencias, facilitarán aos descendentes directos das vítimas que así o soliciten as actividades de indagación, localización e identificación das persoas desaparecidas violentamente durante a Guerra Civil ou a represión política posterior e de quen se ignore o paradoiro. O previsto no parágrafo anterior poderá aplicarse a respecto das entidades que, constituídas antes de 1 de xuño de 2004, inclúan o desenrolo destas actividades entre os seus fins\".
O parágrafo referido ás entidades é especialmente importante. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, fundada no ano 2000, foi pioneira na procura dos miles de \"desaparecidos forzados\" do franquismo e na exhumación dos corpos achados. Só por parte da Asociación, integrada por voluntarios, atopáronse en foxas os restos de 1.144 persoas. O número de casos até entrados os anos 50, supera os cen mil secuestrados e desaparecidos forzados, o que de acordo coa lexislación internacional son crimes contra a humanidade. En Galicia, o último corpo recuperado foi o de Manuel Alvarez Silva, en Carnazo (Vilagarcía de Arousa). Puidemos ver aos fillos beixar os ósos do pai. Un de tantos mortos sen causa. Ante esta estampa, se aínda hai que explicarlle a alguén a necesidade da reparación histórica, mellor será chorar coa boca pechada.
No período da Xunta que presidiu Manuel Fraga, a esta asociación foille negada reiteradamente a solicitude de legalización. Despois da derrota de Fraga, o Parlamento galego puido aprobar por unanimidade unha condena da ditadura franquista. Isto foi o 8 de outubro do 2008. A resolución subscrita polo voceiro do Partido Popular, Manuel Ruiz, dicía: \"O Parlamento de Galicia insta á Xunta a proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas da represión franquista e da Guerra Civil, eliminar os símbolos, denominacións e referencias franquistas de rúas e edificios públicos, así como a colaborar na identificación dos desaparecidos e enterrados nas foxas comúns durante a ditadura franquista, que este Parlamento unha vez máis, condena\". Que foi de Manuel Ruiz? Por que desapareceu o día de autos? Onde metes o que comes? Que foi de Fósforo Ferrero? Ai, a memoria!
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/ ... gal_23/Tes
Alexandra Cachafeiro Camiña
A Comunidade da Desmemoria Histórica
-
- Socio/a
- Mensagens: 684
- Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44
-
- Socio/a
- Mensagens: 684
- Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44
A Comunidade da Desmemoria Histórica
Galegos \"de pro\"
A memoria histórica segue incomodando nas bancadas do PP, que considera de \"poucas miras\" estudar o período e reparar as vítimas
O Partido Popular (PP) negouse onte no Parlamento a apoiar os estudos históricos sobre a guerra civil e a Ditadura de Franco nunha sesión onde a formación de Alberto Núñez Feijóo culpou a II República da contenda, en igualdade de responsabilidade que os militares golpistas. Para o partido, onde militan numerosos persoeiros da última etapa da ditadura, o estudo dese período histórico é carecer de \"amplitude de miras\" e reparar as vítimas das atrocidades é como pretender \"reescribir a historia\".
Todo comezou cando o Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha proposición non de lei, apoiada polos socialistas, na que reclamaba continuar coas accións do bipartito en materia de memoria histórica. A iniciativa foi rexeitada pola maioría absoluta do PP na Cámara galega, ó considerar que existe un transfondo \"político\" nunha proposición que, en opinión do deputado do PP Agustín Baamonde, implicaría apoiar as accións da pasada Consellería de Cultura na materia.
O debate final centrouse na condena ou non do franquismo, polas palabras pronunciadas polo deputado conservador, quen asegurou que a culpa deste período na historia a tiveron \"os dun lado e os do outro\". Esta reflexión non deixou indiferente á deputada Ana Pontón, do BNG, que recriminou as \"palabras escoitadas\", de \"enorme gravidade\", pois interpreta que o deputado puxo \"nun mesmo plano un golpe militar e a defensa da legalidade\".
Xa na exposición da iniciativa, Ana Pontón fixo un resumo dos resultados da \"represión\". Entre 1936 e 1939, os estudos efectuados polas tres universidades galegas apuntan a 12.000 persoas que a padeceron, con 5.561 persoas asasinadas, das cales 4.560 apareceron en \"cunetas\" e os restantes foron \"fusilados\". Todo, dixo, por \"defender as súas ideas\".
A deputada reprochou as \"reticencias\" da dereita para \"avanzar\" en temas de memoria histórica, cando na súa opinión é \"básico restaurar a memoria das persoas que sufriron represión\", cando a transición foi, na súa opinión, máis un \"pacto\" que unha \"ruptura\" co anterior. \"Hai reticencias\", engadiu, a recoñecer a \"lexitimidade da República\". Saíu tamén a escena o deputado coruñés Carlos Negreira, por manifestar de Millán Astray, un golpista creador da Lexión española, que era \"un coruñés de pro\".
Agustín Baamonde explicou na súa intervención a coñecida versión do PP, que interpretan como vítimas \"a todas\" -inclúen tamén as do bando franquista. Demandou \"amplitude de miras\" á oposición respecto diso e reprochoulle aos nacionalistas galegos que \"pretendan reescribir a historia\", ao que replicou Pontón, alegando que non houbo unha guerra civil, senón \"un golpe militar\". Baamonde asegurou que a súa formación pretende \"facer do franquismo o pasado\" e reiterou, o criterio do PP é o de non levar estes asuntos ó presente e \"camiñar cara ó futuro\", deixando atrás as \"pantasmas do pasado\".
Os socialistas apoiaron esta iniciativa porque, segundo o deputado José Manuel Lage Tuñas, existe o \"dereito a coñecer onde se atopan os familiares\" asasinados nunha etapa na que \"se vulnerou a legalidade democrática cun golpe de Estado non condenado en moitas ocasións por algunha forza política\", en alusión ao PP. \"Todas as accións que permitan a recuperación da memoria histórica serán positivas\", manifestou.
A proposición non de lei demandaba organizar cada ano unha homenaxe ás vítimas, axudar ás asociacións e a investigadores sobre este período, convocar o Consello da Memoria Histórica e manter a illa de San Simón como centro para a recuperación deste período.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... icion=1383

Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante