"Falsa austeridade"

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

"Falsa austeridade"

Mensagempor cachafeiro » segunda, 22 jun 2009, 00:23

Revelouno hoxe o PSdG

A sede da Xunta na Arxentina ía ser propiedade do bipartito en cinco anos

Redacción . A secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, revelou que o anterior Goberno galego alcanzara un acordo cos propietarios das oficinas nas que se sitúa a delegación da Xunta en Arxentina para conseguir o inmoble tras 'cinco anos'.

21.06.2009

"A Xunta elixiu un local que estaba no corazón da cidade de Bos Aires, próximo aos asentamentos dos galegos e á Casa Rosada e a Embaixada de España en Argentina", sinalou, e considerou que "o patrimonio que se estaba a adquirir é moi interesante". Fronte a isto, lamentou a decisión do actual presidente autonómico, Alberto Núñez Feixóo, de trasladar estas dependencias ao Centro Galicia ("presidido por un militante do PP") porque "non lle vale ese edificio". "Dáse un paso atrás na modernización da Administración galega e na atención aos galegos no exterior", reprobou.

Opina que a decisión "foi tomada baixo un profundo manto de demagoxia coa escusa dunha falta austeridade" que "só repercute no recorte de dereitos e servizos á cidadanía", posto que nin "o presidente nin os membros do seu goberno se rebaixaron o seu soldo". "Fóiselle das mans", xulgou, ao tempo que reprobou que "empeza a actuar como Atila, destruíndo todo polo feito de que foi realizado polo anterior Goberno". "Dálle igual que estivese ben ou mal", censurou a socialista, e criticou que Feixóo "non ten ningún estilo e non sabe estar á altura de o posto que representa".

Funcións da delegación


Laura Seara defendeu que a delegación da Xunta en Bos Aires "ofrecía un servizo moi eficaz" de "coordinación, xestión, difusión, control e información" dos programas do Goberno galego destinados á diáspora. En cambio, lamentou que agora "as cuestións públicas van estar xestionadas por unha entidade privada" que "non representa á totalidade da diáspora, senón a unha minoría".

A delegación "serviu para establecer relacións máis democráticas, institucionalizadas, transparentes e sometidas a control, coma calquera outra institución pública" e contrapuxo este extremo coas "churrascadas, dádivas, favores e beneficencia que marcaron as políticas do PP" no exterior. Salientou a importancia da delegación en materia de cooperación internacional; de internacionalizacion da economía e de mobilidade laboral, de apoio ás empresas galegas no mercado global; de promoción da lingua, a cultura e o turismo galego; e de relacións institucionais, ao tempo que entendeu que "serían espazos tremendamente idóneos" para xestionar a implantación da Lei de Dependencia.

"O seu peche pasará factura a medio prazo", augurou. "Foron un punto de atención, información e referencia para que os emigrantes se sentisen preto do Goberno galego", enxalzou, ao tempo que as describiu como "espazos libres de ideoloxía" onde "se recibiu a todos". Instou ao presidente da Xunta a reflexionar, posto que "o pau que lle dá á emigración non ten precedentes". A maiores, Laura Seara considerou o abandono da sede "un grande erro e unha inxustiza".

"Falsa austeridade"

A secretaria de Emigración na Executiva socialista criticou que Feijóo utilice a "falsa austeridade" para "pechar" a delegación da Xunta no país austral debido ao seu custo, posto que, segundo apuntou, os delegados territoriais de Galicia "cobran bastante máis do que cobrou a delegada de Arxentina".

"Ten que buscar outra desculpa para pechala ou dicir que ten que ver co control político que quere exercer sobre a emigración, como fixo o PP sempre", sentenciou, e, aínda que rexeitou facer "demagoxia", revelou que a residencia oficial de Monte Pío ten un custo anual de mantemento que "rolda os tres millóns de euros". "El vive en Monte Pío e a nós parécenos ben, por motivos de seguridade e de representación, e nunca llo reprocharemos a pesar de que dixo que nunca viviría alí", recordou.

Pediu que Feixóo "deixe de utilizar o peche da delegación de Bos Aires como unha medida de austeridade (...) porque non é certo", insistiu a socialista, quen advertiu de que esta medida "só servirá para potenciar o control político sobre os emigrantes" e no Centro Galicia "están moito máis tranquilos", posto que o preside un militante do PP.De feito, a deputada do PSdeG fixo fincapé en que Feixóo "non tocou" o decreto de constitución das delegacións, polo que entendeu que o modelo continuará "cun delegado". "Non sabemos se o vai nomear ou non", cuestionou.

Grupo de traballo


Por último, Laura Seara anunciou que mañá se constituirá un grupo permanente de traballo que estará "en contacto directo" cos socialistas no exterior e que estará coordinado pola ex delegada da Xunta en Bos Aires, María Xosé Porteiro. "Traballaremos duro para defender os intereses dos galegos, vivan onde vivan, e non consentiremos ningún retroceso máis", concluíu a secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do PSdeG.

http://www.anosaterra.org/nova/a-sede-d ... -anos.html

A verdade é que non nos queren porque perderon aqui as dúas ultimas eleccións.
Pensan que somos bobos e tragámonos iso de coidar os cartos

Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

"Falsa austeridade"

Mensagempor cachafeiro » domingo, 06 set 2009, 03:05

A Xunta abre a nova sede de Bos Aires e segue pisando o bipartito

Santiago Camba e Jesús Gamallo inauguraron onte as instalacións situadas nun local que pertence ó Centro Galicia, dando cumprimento así ó compromiso electoral realizado por Feijóo de acabar cos elevados custos de aluguer que supoñía a outra localización
REDACCIÓN . SANTIAGO


A delegación da Xunta en Bos Aires comezou onte a funcionar na súa nova localización na rúa Bartolomé Mitre 2550 da capital arxentina.

O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, e o director xeral de Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visitaron as novas instalacións, situadas nun local do Centro Galicia de Bos Aires, e defenderon este traslado como o "cumprimento do compromiso electoral" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "aproximar a Administración autonómica á realidade dos galegos no exterior".

Segundo Camba, esta medida "non é unha decisión puntual, será unha norma de actuación en toda a lexislatura". Así, subliñou que está inserida "nos novos parámetros económicos e sociais" e que "o compromiso se estende á defensa dun rigoroso control orzamentario". "Ábrese unha nova etapa de relacións coa colectividade galega en Arxentina", declarou. Explicou que a "rescisión do contrato de aluguer da anterior sede -que lles custaba ás arcas públicas 45.000 euros ao mes e que foi posta en marcha polo anterior goberno bipartito- supón aforrar máis de 400.000 euros ao ano". O secretario xeral puxo o énfase en que o aforrado "reinvestirase en mellorar a atención, asistencia, protección e asesoramento dos galegos no exterior". Neste sentido, Camba indicou que " reducir custos operativos, frear o crecemento inxustificado do gasto burocrático-administrativo, significa potenciar os servizos socio-sanitarios, as áreas de promoción comercial, captación de investimentos, cooperación universitaria, fomento do turismo e difusión da cultura galega, entre outros obxectivos".

Gamallo tamén afirmou que esta "delegación está aberta á sociedade arxentina" e trasladou a "decisión do Goberno galego de colaborar en diversos ámbitos coa sociedade e coas institucións" do país austral.

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... cia=463558


Alexandra Cachafeiro Camiña

arisil
Mensagens: 48
Registado: terça, 08 jul 2008, 17:54

"Falsa austeridade"

Mensagempor arisil » segunda, 07 set 2009, 18:19

El responsable de Emigración del Gobierno gallego recordó que el gasto de alquiler del nuevo local no supera los 5.000 euros y no se empieza a pagar hasta enero, lo que ?supone ahorrar más de 400.000 euros al año?. Camba quiso dejar claro que el ahorro ?se reinvertirá en mejorar la atención, asistencia, protección y asesoramiento de los gallegos en el exterior?. Camba, que calificó de ?despilfarro? la sede del anterior Gobierno, aseguró que ?frenar el crecimiento injustificado del gasto burocrático-administrativo significa potenciar los servicios socio-sanitarios, las áreas de promoción comercial, captación de inversiones, cooperación universitaria, fomento del turismo y difusión de la cultura gallega, entre otros objetivos ya puestos en marcha?.
?Dejaremos de lado políticas sectarias y lucrativas; dejaremos de atender a la gente en un pasillo?, dijo el responsable de Emigración de la Xunta durante la visita que realizó a la nueva sede de la delegación que cuenta con dos boxes privados para la atención de la gente, una sala de espera, una pequeña recepción y una oficina para prensa, en la planta baja; mientras que en el primer piso están los despachos del delegado y del secretario de la delegación.
Santiago Camba, que no ahorró críticas a la anterior administración gallega, consideró injustificable que el poder adquisitivo de las Prestaciones Asistenciales fuera más bajo tras la gestión del anterior gobierno ?nacional socialista?, que cuando gobernaba el PP y se comprometió a recomponerlo.
Camba aseguró, además, que ?las asociaciones gallegas volverán a recobrar el papel que tenían con Fraga?. ?Nunca entendí que se despreciase así [en referencia al anterior gobierno] a los centros gallegos?, dijo el secretario xeral de Emigración.
Por su parte, Gamallo señaló que la nueva delegación tendrá como objetivos prioritarios atender a la ciudadanía gallega en Argentina y potenciar la presencia de Galicia en Argentina y en Buenos Aires. Al respecto, dijo que ?se trata también de una apuesta importante por la sociedad argentina, de la que el colectivo gallego forma parte?.
En este sentido, Gamallo señaló que ?la máxima voluntad del Gobierno gallego es cooperar con las autoridades argentinas para fomentar la presencia de Galicia en el país?. ?A partir de ahora ?dijo?, nos pondremos a trabajar para abordar la mayor cantidad posible de temas bilaterales posibles; entre otros el comercio, innovación, investigación, educación?.
Durante la visita y recorrido a la nueva sede de la Delegación del Gobierno gallego en Argentina, el dirigente ratificó el compromiso de la Administración gallega con el colectivo gallego asentado en el país y con la potenciación de la presencia de Galicia en Argentina, y en Buenos Aires.
La Delegación de la Xunta de Galicia está emplazada en la calle Bartolomé Mitre 2550 de Buenos Aires y el teléfono de contacto es el (0054)11 4952 9400. El correo electrónico es: delegacion.buenosaires@xunta.es


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante