
A Asociación Cultural Fillos de Galicia leva moitos anos (o vindeiro ano cumpriranse 15 anos como asociación e 19 como Comunidade Virtual) facendo de ponte entre a nosa terra e a súa diáspora, e entre os diversos puntos da diáspora entre si. E aínda temos moito por facer e por dicir nos vindeiros anos. Por iso é preciso que a entrada de novo sangue, dunha nova xeración de ciberactivistas da Galeguidade, tome as rendas e se implique sumando as súas ideas e o seu labor aos proxectos de Fillos. Estes proxectos son agora máis modestos ca no pasado, pero se cadra son cada día máis importantes. Así o demostra o éxito dos libros que viñemos publicando estes últimos anos e que agora queremos ofrecer precisamente ás persoas que van facer posible que os segamos editando e distribuíndo sen custo para os nosos irmáns e irmás da diáspora onde queira que estean.
Queremos que vos impliquedes, que deades un pequeno paso adiante que será un paso enorme para consolidar o noso futuro.
Afílate á Asociación Cultural Fillos de Galicia para asegurar a continuidade dos seus proxectos e da Comunidade Virtual que xunta a case 7.000 persoas de orixe galega nestas páxinas e máis aínda nos nosos perfís das redes sociais.

Grazas en nome da nosa asociación, desde a !
