O POEMA QUERE DECIR

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O POEMA QUERE DECIR

Mensagempor rubi » segunda, 17 nov 2014, 11:58

O poema quere dicir,
non foi unha malandanza. É algo que escollín
eu (prometín nunca máis escribir o pronome.
Tamén non facer malabarismos, non preferir
outra palabra distinta
á primeira que chegou sen que a chamase;
non erixir un manto
con elas
que me cubra toda. Non pronunciar palabras como
a palabra manto-
a palabra erixir.)

O poema quere dicir iso:
non procura un peso cosmogónico
non fala porque non ten garganta
non quere nada.

Se soubese como,
escacharía os signos igual que un ovo
e levaría restos desas cascas
sobre a lingua e
contra a miña vontade.
Iso é o que o poema quere dicir.

Berta Dávila, nacida en Santiago de Compostela o 31 de decembro de 1987, é unha escritora galega.

Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante