Marìa Mariño
TIVEN MEDO...
Tiven medo de bogar,
tiven medo da auga crara.
Anque fora cuns bons remos,
anque fora na mar calma
non bogaba, non bogaba!
O medo xa non sei dèl.
Xa secou aquel mar longo!
E sin saber dònde veu,
si è de outro ou è meu,
navego nun mar de fondo.
(1963)
TIVEN MEDO...
Voltar para “Literatura galega”
Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante