A nosa música no mundo - Lar Gallego de Chile

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A nosa música no mundo - Lar Gallego de Chile

Mensagempor cachafeiro » segunda, 07 jun 2010, 18:56

Os galegos, ao abandonar a súa terra, trataron de xuntarse onde elixiran para refacer a súa vida, e fundaron asociacións onde poder recordar, a travez da súa cultura, a casiña que deixaron atras.
Esta cultura foi transmitida aos seus fillos e netos.
Agora esta en nós seguir con esa tradición, e que esas bágoas derramad ...as pola nostalxia non sexan en balde.
Estamos por todas partes do mundo, e trataremos de ir mostrando eses lugares e como difunden a nosa identidade.
Hoxe empezamos co nosos amigos de Lar Galego de Chile.
Un forte aplauso para eles!!!!
Lar Galego formouse en 1967, neses anos, non se contaba cunha banda de gaiteiros e de bailaríns, senón máis ben un grupo afeccionado de galegos que practicaban estas actividades como unha forma de reunirse a recordar a súa entrañada e afastada terra, axuntando a un grupo non máis grande de 20 persoas. Un par de anos má ...is tarde, constituiríase a personalidade xurídica como unha Corporación sen fins de lucro, conformada pola asociación de 300 familias galegas. Con este número, calculábase perfectamente un grupo de nenos e adolescentes interesados en participar desta sociedade. Reuníndose ao son da Gaita e do tambor nos salóns de Unión Española, múltiples celebracións levaban a cabo no urbe da capital conformando para sempre o que hoxe é o Grupo de Gaitas e Danzas do Lar Galego.
Posteriormente, comezamos a profesionalizar as nosas actividades, destinando comités para distintas persoas que desexasen participar activamente no centro. Diversos profesores, traxes e música foron perfilando ao grupo como un dos máis destacados de Chile, compartindo escenario con agrupacións tan importantes como o Bafona e o Bafochi; viaxando continuamente por todo Chile realizaban grandiosas postas en escena con máis de 45 bailaríns de todas as idades, asistindo a programas de televisión aberta e participando activamente en eventos a beneficencia.
Ademais de representar en dúas oportunidades (anos 1982 e 2004) á colectividade galega residente en Chile no Festival Internacional de Folclore Galego realizado en Santiago de Compostela.
As festas máis celebradas e concorridas por todos son: Festa de Reyes Meigos de Chaguazoso, Santiago Apóstol, celebración da día da Hispanidade, Noite de Gaitas, e Asado da Galeguidade, datas que son inamovibles para a comunidade.
Actualmente, Lar Galego atópase nunha etapa de constante innovación, congregando aos seus socios nun espazo ameno, nun país nobre como Chile que nos abriu as súas portas ao enriquecido patrimonio cultural español.
Á data a institución conta con Coro, Grupo de Danzas e Gaitas \"Terra Meiga\", e Grupo de Percusión \"Beira do Mar\".
http://www.youtube.com/watch?v=KQuKnBlesDw
http://www.youtube.com/watch?v=By_ss5T- ... re=related
Lar Galego de Chile na Catedral de Santiago de Compostela, para a misa do Apóstolo.
Emocionante!!!
http://www.youtube.com/watch?v=emgY0x8EtZI
Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante