Os políticos e a lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Os políticos e a lingua

Mensagempor xana » sexta, 03 jun 2005, 22:00

Atopei hoxe un artigo na Voz de Galicia sobre o galego dos candidatos ás eleccións galegas que pareceume moi interesante: filólogos da USC, UDC e UVigo destacan os erros dos políticos ao falaren en galego.

Un dos filólogos califica o galego de Emilio Pérez Touriño (o líder socialista) de «absolutamente desastroso e calamitoso»: aspira o -s como os andaluces, usa moitos castelanismos (como ciudadanos no canto de cidadáns), non distingue as vocais abertas e pechadas, coloca mal os pronomes átonos e non pronuncia ben o x.

Fraga (Partido Popular) emprega tamén algúns castelanismos, pero non tantos. Nótaselle que é da Terra Cha polo plural en -ós (pantalós en vez de pantalóns) e faiga por faga. Segundo o artigo, "tiene el gallego más cercano, «de paisano», y con algunos rasgos dialectales de Vilalba. Eso sí, los expertos coinciden en que su vocalización es bastante pobre, encabalga palabras y en algunos casos coincide con Touriño al colocar mal los pronombres átonos."

E, por último, Anxo Quintana (Bloque Nacionalista Galego) emprega a conxunción -i, e como no caso de Fraga os dialectalismos reflicten a súa orixe ourensá: tú , il , iste , eiquí , camiós , soluciós. É o único que di Galiza.

Os filólogos coinciden en que Fraga e Quintana son os que mellor falan galego, pero que deberían mellorar.

(O artigo enteiro en http://www.lavozdegalicia.es/especiales ... &CAT=39171 )
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

Os políticos e a lingua

Mensagempor marisalvar » sábado, 04 jun 2005, 22:38

Hoxe estivo Anxo Quintana na Fonsagrada e escoiteino falar uns cantos minutos e a verdade é que tivo algún erro, pero non tantos como para saír na prensa por iso :-))
Pola miña banda non só non me molesta en absoluto que os candidatos empreguen un galego oral dialectal (eu tamén o fago) senón que como defensora das formas dialectais do galego paréceme perfecto escoitalos falando "coma a xente".
Todos sabemos que o galego normativo é un acordo artificial( non por iso menos necesario, que conste que non estou en contra da normativización da língua) que non se fala en ningún lugar de Galicia.
Última edição por marisalvar em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Os políticos e a lingua

Mensagempor xana » domingo, 05 jun 2005, 18:52

Tes razón, eu supoño que non saíron no xornal por falaren mal, senón polas eleccións. Ata o 19 de xuño o tema principal da prensa serán os candidatos e as eleccións vistos dende tódalas perspectivas posibles, pero pareceume curioso atopar unha noticia que falara do punto de vista lingüístico, polo menos eu nunca o vira :-))

E tamén é verdade o que dis dos dialectos. No meu resumo coido que non o deixei moi claro, pero os filólogos non consideraban erros os dialectalismos, fixeron unha análise da súa fala e engadiron o dos trazos dialectais.

Non sei, quizais son manías miñas, pero noticias sobre a lingua non adoitan saír na prensa, e por iso cando atopo algunha paréceme tan interesante (teña ou non razón).
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

Os políticos e a lingua

Mensagempor marisalvar » domingo, 05 jun 2005, 20:22

Comparto a túa manía polas novas sobre a língua :-). A verdade é que tamén me fixo gracia ese artigo :-)
Última edição por marisalvar em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Os políticos e a lingua

Mensagempor anamp » segunda, 06 jun 2005, 12:30

A min tamén me gusta escoitar diferentes formas dialectais, apréndese moito.
Só podo facer un comentario sobre Touriño, porque no seu caso máis que dunha variante dialectal trátase dunha chea de castelanismos... sobre a fonética non me atrevo a dicir nada, para iso están os expertos, pero esa colocación dos pronomes, eses substantivos casteláns cando existen múltiples formas galegas para dicir o mesmo... en fin, creo que non fai falla ser experto para decatarse de que é un bo exemplo de "castrapo" (hainos peores, eh!)
Apertas!
Ana
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Os políticos e a lingua

Mensagempor xana » quinta, 09 jun 2005, 12:15

No foro de política galega Beltram achegou outro link sobre este tema, é un artigo de Galicia Hoxe. A min pareceume tamén moi interesante, poño a web por se alguén non le decote as mensaxes do subforo de política:

http://www.galicia-hoxe.com/index.php?o ... &Itemid=47


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes