O Goberno aproba o decreto de linguas

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O Goberno aproba o decreto de linguas

Mensagempor rubi » quinta, 20 mai 2010, 23:10

LOGO DUN ANO DE INTENSA POLÉMICA
O Goberno aproba o decreto de linguas e elimina a prometida consulta ás familias
Núñez Feijoo di agora que fará unha lei que que permita contar coa opinión dos pais xa que recoñece que agora mesmo facelo é alegal. Para o vindeiro curso, a enquisa só se fará na Eduación Infantil.
Logo de máis dun ano de voltas e máis voltas sobre o decreto, o Consello da Xunta aprobou este xoves o texto legal que estará en vigor no vindeiro curso escolar. A principal novidade cos plans do Goberno ten que ver coa eliminación da tan publicitada consulta aos pais (un dos eixos da teoría da liberdade lingüística). O executivo de Feijoo decidiu prescindir da consulta logo de que o Consello Consultivo puxese en tea de xuízo a súa legalidade. A enquisa dos pais só se manterá no caso da Educación Infantil.
Despois de recoller velas nun dos puntos dos que o PPdeG fixo casus belli, Núñez Feijoo sinalou que sacará adiante unha lei posterior que \"resolva a situación de alegalidade nesta lexislatura\". O presidente da Xunta volveu facer fincapé no total equilibrio entre castelán e galego.
Os letrados da Xunta fixeron que o Goberno recuase nas consultas masivas aos pais de alumnos de Primaria e Secundaria. O gabinete xurídico tiña serias dúbidas sobre a legalidade das enquisas, algo que xa fora denunciado polo Consello da Cultura, a Real Academia ou o propio Consello Consultivo. Porén, Feijoo escudouse en sentenzas do Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña para dar luz verde ás consultas na Educación Infantil.
Nesta última etapa, os pais terán que informar da lingua materna dos seus fillos nos sobres da matrícula. O idioma maioritario entre o alumnado será o vehicular no horario lectivo.
Pero como será a lei feita a medida?
Núñez Feijoo prometeu unha nova lei antes de 2013 que será única no Estado Español e que, ademais de darlle voz aos pais na elección lingüística, dotará de máis autoridade á figura do profesor.
O presidente da Xunta sostén que é evidente que non houbo consenso na cuestión do decreto do ensino pero fixo votos por chegar a acordos noutras áreas da normalización lingüística co PSdeG e BNG.
Fuente: www.vieros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante