Foi por aí, por la parte entre Baión (a miña parroquia natal) e Portas que, a mediados do século XIX naceu o Xácome. Adicouse o que todos naquela época: traballar a terra. Pero de rapazote, cando estaba no monte co gando,como tiña moito tempo de lecer, matinou facer unha frauta de canivera e, como veu que lle daba ben, logo mercou unha gaita de segunda man a un fulano que tocaba na banda de Lantaño.
Co tempo fíxose famoso como gaiteiro,pero como non tiña moita estatura, os veciños, en troques de chamarlle Xácome, chamabánlle O Xacomín. E de aí saíu o dito famoso.....
Si lle preguntas a alguén si vai a comer e o fulano xa comeu, contéstache:¡Xa comín!.
E o autor da pregunta, resposta:¡Xa-Comín era gaiteiro!.
¡E os dous teñen razón!
Xa-comín era gaiteiro
-
- Socio/a
- Mensagens: 684
- Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44
Xa-comín era gaiteiro
Outro remata a chanza: “¡E Xabebín, tamborileiro!”, jajajjaa
Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”
Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante