Menuda carallada de xusticia

Para os temas da vida política do Estado Español que non teñen que ver directamente con Galicia.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Menuda carallada de xusticia

Mensagempor cachafeiro » sexta, 14 mai 2010, 16:00

O CGPJ suspende o xuíz Baltasar Garzón por unanimidade
O maxistrado debe abandonar \"de forma automática\" a Audiencia Nacional até que non se resolvan as tres causas abertas contra el.
O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ, nas súas siglas en castelán) acordou por unanimidade suspender o xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón logo de se abrir xuízo oral contra el no Tribunal Supremo por suposta prevaricación cometida ao investigar as desaparicións do franquismo carecendo de competencia para iso, segundo informaron a Europa Press fontes extraoficiais.
O Consello actuou contra Garzón en aplicación do artigo 383 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que obriga a apartar dos seus labores xurisdicionais calquera xuíz ou maxistrado cando se constata que hai motivos para proceder contra el por delitos cometidos no exercicio das súas funcións.
Deste xeito, o titular do xulgado Central de Instrución número 5 vese obrigado a abandonar \"de forma automática\" a Audiencia Nacional até que non se resolvan as tres causas abertas por prevaricación contra el no Tribunal Supremo.
Ademais do asunto relacionado coa Memoria Histórica, Garzón ten pendente saber se tamén será sentado no banco polos cobros que obtivo da Universidade de Nova York por dirixir uns cursos patrocinados polo Banco de Santander; e por unha terceira causa que se tramita por intervir este maxistrado as comunicacións dos xefe da trama Gürtel cos seus avogados en prisión.
Finalmente, o órgano de goberno dos xuíces non valorou a petición realizada por Garzón para ser declarado en situación de \"servizos especiais\" co fin de aceptar unha praza de asesor da Fiscalía no Tribunal Penal Internacional e que evitaría a súa suspensión durante, polo menos, os sete meses para os que solicitou dito permiso
http://www.vieiros.com/

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Menuda carallada de xusticia

Mensagempor cachafeiro » sexta, 14 mai 2010, 20:36

Este é o momento en que me quedo sen palabras, quero berrar, pero me afogo en bágoas.
Son as bágoas da verguenza, da impotencia, de incredulidade ante os feitos.
Queremos estender os brazos, pero temos as mans atadas por unha xustiza que cambiou a venda dos ollos por unha mordaza.
Eu quero entender porque o medo a juzgar os crimenes que por mais de 40 anos unha ditadura encargouse de esconder baixo a alfombra dunha españa que crecia economicamente e á que lle pesaba o pasado.
Eu necesito entender para poder dicirlle á miña filla que é ese sangue a que leva nas veas, a dun pobo que leva 35 anos inerte, nunha democracia, que a esta altura xa nin creo que sexa tal, e que deixa que recaia en tan só un home, o xuíz Garzón, toda a responsabilidade dos esclarecementos de miles de asasinatos, mentres deixaban que o medo caláselles tan fondo nos corpos que sabendo ,en moitos casos, onde estaban os seus mortos, calaban.
Calaban e o caudillo xa estaba morto, e os desgraciados que o secundaron nos crimenes íanse morrendo, nas súas casas, coas súas familias e o que é peor, coas honras de cumprir con deus e coa patria.
Ata cando manteremos ao noso mortos nas fosas da inequidad?
Valen menos eses crimenes ao mantelos ocultos?
Hoxe todos somos Garzón.
Hoxe temos todos bágoas nos ollos.
Hoxe xa é tarde.
Saúde Memoria e Liberdade!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Menuda carallada de xusticia

Mensagempor rubi » segunda, 17 mai 2010, 14:02

Un poema puede reflejar lo que sentimos y que no sabemos cómo expresar, cuando nos faltan las palabras ante tanta injusticia...
Rastros de mar
Debullar con silencios
as raíces deste mar
todo el sombra
todo el nós
mar
encallado no tempo
golsando frío e usura
como aliviarmos os ollos
desta paisaxe atroz
que nos manca?
como cuspirmos as lascas da dor
cando o que sangramos
é espanto?
como naufragarmos futuro?
indicaría co dedo
que hai homes detrás da culpa
tinxidos de mentira
gobernos falsarios
e un capital famento das súas ruínas
co dedo indicaría tamén
un ronsel no horizonte
que terma de nós
esquecería
se me fose dado esquecer
tanto desatino
que nos deixa á intemperie
se me fose dado
facer da memoria
unha enorme balea branca sen feridas
para os que abrazan a súa impunidade
confiadamente
e mañá volverán
coa súa chuvia de alfinetes
un aviso:
non hai cantil
que soporte tanta infamia
ao descuberto
despois
armando os días
como un sopro terríbel
beberemos do mar
o seu devalo
ata escribirmos nas ondas
aquí era o inferno, meu capitán
tripada a náufraga memoria
no fondal de nós
fican rastros
o mar
o mar que se reinventa
para salferir en nós
máis mar...
Poema de Rafa Villar, nacido en Cee, Costa da Morte en 1968
Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Política en España”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante