O goberno español rebaixa os salarios

Para os temas da vida política do Estado Español que non teñen que ver directamente con Galicia.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O goberno español rebaixa os salarios

Mensagempor rubi » quinta, 13 mai 2010, 12:40

O goberno español rebaixa os salarios dos funcionarios nun 5% e conxela as pensións
Ademais tamén se elimina o cheque bebé a partir de 2011, redúcese o investimento público ou a axuda ao desenvolvemento.
O presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, anunciou un abano de medidas para reducir o déficit público e situalo no 3% no 2013. Tres son as máis destacadas: reducir as retribucións do persoal do sector público nun 5% de media a partir de xuño de 2010, a eliminación da prestación por nacemento, coñecida como cheque bebé de 2.500 euros a partir de 2011 e a suspensión da revalorización das pensións tamén no próximo ano (agás as non contributivas).
No caso da rebaixa dos salarios dos funcionarios, contémplase unha baixada proporcional aos ingresos, é dicir, afectará máis aos salarios máis altos. Asemade, os membros do goberno verán rebaixado o seu salario nun 15%. Zapatero apelou na súa comparecencia no Congreso á necesidade de reducir o déficit, para o que pediu un esforzo especial, singular e extraordinario e asegurou que estas medidas son imprescindíbeis e procuran ser o máis equitativas posíbel.
Asemade, Zapatero adiantou que as Comunidades Autónomas e as entidades locais terán que realizar un aforro adicional do seu gasto de 1.200 millóns de euros. Tamén se reducirá a axuda oficial ao desenvolvemento que viña realizando o Estado Español, que descenderá nuns 600 millóns de euros neste ano e en 2011; prevese un aforro de 6.045 millóns de euros entre 2010 e 2011 na inversión pública estatal; as solicitudes de dependencia terán que resolverse en seis meses e eliminarase a retroactividade; e adecuarase o número de unidades dos envases de medicamentos para axustalo á duración estandarizada dos tratamentos.
Todas estas medidas serán aprobadas o vindeiro venres no Consello de Ministros para a súa entrada inmediata en vigor.
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Política en España”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante