39.400 persoas máis no paro en Galiza no 2009

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

39.400 persoas máis no paro en Galiza no 2009

Mensagempor pilarmabel » sábado, 30 jan 2010, 01:41

A taxa de desemprego alcanzou o 12,88%
A Enquisa de Poboación Activa conclúe que o número de postos de traballo que se destruíron ascendeu a 56.200, o que representa un 4,7% menos de ocupados que no 2008
O paro subiu en Galiza en 39.400 persoas en 2009 respecto a 2008, o que representa un incremento do 30,53% no último año. En total, ao remate do ano pasado había 168.400 desempregados, polo que a taxa de paro medrou até o 12,88% –era do 9,74% o ano anterior. Así o indican os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) difundida hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
En todo o Estado, o paro incrementouse en 1.118.600 persoas no último ano, un 34,87% máis, situándose o número total de desempregados en 4.326.500 e a taxa de paro no 18,83%, cifra case cinco puntos superior á do ano anterior. A taxa de paro alcanza así o nivel máis alto da serie histórica comparábel, que arranca en 2001. Remontándose máis atrás, utilizando series non comparábeis, non se alcanzaba unha porcentaxe desta natureza desde o primeiro trimestre de 1998, cando a taxa de paro chegou a situarse no 19,41%.
En Galiza é necesario remontarse até 2003 para encontrar un número maior de parados, pois nese ano rexistráronse 171.700 (unha taxa do 14,5%). En 2009 o número de varón parados elevouse até os 84.100, o que representa unha taxa de paro do 11,87%; o número de mulleres en situación de desemprego chegou a 84.300, cunha taxa do 14,07%.
Pese a que o aumento do paro foi, en Galiza, lixeiramente inferior en 2009 que en 2008 (un 30,53% fronte a un 33,66%), o número de empregos destruídos disparou desde os 1.000 de 2008 aos 56.200 de 2009. Deste modo, o número de ocupados caeu un 4,7% o ano pasado e o total elevouse a 1.138.900.
Os parados de longa duración aumentan un 87%
Por sectores, o desemprego aumentou en todos, principalmente no colectivo de parados de longa duración (máis dun ano en desemprego), con 688.100 parados máis no pasado ano (+87,2%), seguido dos servizos, con 267.100 parados máis (+23,3%); o colectivo dos que buscan o seu primeiro emprego, con 50.600 desempregados máis (+20,3%); a agricultura, que gañou 43.800 parados (+29,4%); a industria, que rexistrou 39.300 desempregados máis (+13,6%), e a construción, que sumou 29.700 parados (+5,1%).
Baixa a temporalidade
O número de asalariados descendeu en 815.500 persoas (-5%), hasta sumar 15.492.600 persoas. Os traballadores con contrato indefinido baixaron en 147.500 (-1,25%), mentres que os que tiñan contrato temporal reducíronse en 668.000 (-14,7%), demostrando así que os axustes de cadro de persoal levados a cabo durante a crise afectáronlle sobre todo ao emprego temporal.
No último trimestre de 2009, os asalariados indefinidos medraron en 2.300, apenas un 0,02% respecto ao trimestre anterior, en tanto que os temporais descenderon en 159.800 (-3,9%). Desta forma, a taxa de temporalidade descendeu case oito décimas e pechou o ano no 25,08%.
A maior parte do emprego destruído o pasado ano foi a tempo completo (-1.202.600), un 6,9% menos, fronte ao leve descenso de 8.300 traballos a tempo parcial (-0,33%). Pola súa parte, os traballadores por conta propia descenderon en 394.400 persoas (-11,1%), até os 3.140.600.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar

Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante