Homenaxe ás vítimas da barbarie

Para falarmos de calquera tema político fóra de Galicia ou Hispanoamérica: guerras, relacións internacionais, imperialismo, mundialización...
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Homenaxe ás vítimas da barbarie

Mensagempor cachafeiro » quinta, 28 jan 2010, 13:56

Homenaxe ás vítimas da barbarie
65º aniversario de liberación de Auschwitz
Esta cuarta feira conmemórase o Día Internacional en Recordo das Vítimas do Holocausto. AGAI lembra o derradeiro sobrevivinte galego de Mauthausen.
Antigos prisioneiros de Auschwitz, veteranos do Exército Vermello que os liberaron hai 65 anos e personalidades como xefes de estado e de goberno, renden homenaxe esta cuarta feira as vítimas que pereceron nese campo de concentración nazi.
A inauguración dunha exposición rusa recordará a dramática xornada do 27 de xaneiro de 1945, hai 65 anos, cando o exército soviético entrou nos campos de Auschwitz, Birkenau e Monowitz, e liberou uns sete mil prisioneiros que sobreviviran, na súa maioría enfermos e moribundos.
A data do 27 de xaneiro é, desde que o 1 de novembro de 2005 a Asemblea Xeral da ONU aprobou a resolución 60/7, o Día Internacional de Conmemoración anual en Recordo das Vítimas do Holocausto.
Recordatorio especial de AGAI
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) emitiron un comunicado co que se queren sumar á \"condena e repulsión mundial ao xenocidio sistemático e industrializado que acabou coa vida de millóns de seres humanos, xitanos, disidentes políticos, homosexuais, deficientes físicos e de seis millóns de xudeus\".
Ademais, a AGAI ten un \"recordatorio especial polo seu profundo simbolismo\", do falecemento o pasado 19 de maio de Marcelino Pardal Pouso, \"o derradeiro sobrevivinte galego do campo de concentración de Mauthausen\".
http://www.vieiros.com/nova/78065/homen ... a-barbarie

Voltar para “Política internacional”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante