Condicións de vida inhumanas

Para falarmos de calquera tema político fóra de Galicia ou Hispanoamérica: guerras, relacións internacionais, imperialismo, mundialización...
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Condicións de vida inhumanas

Mensagempor pilarmabel » sábado, 09 jan 2010, 11:48

Un ataque a cidadáns inmigrantes xera enfrontamentos no sur de Italia
Gran parte da poboación de Rosarno preferiu ficar na casa este venres, e moitos comercios e escolas permaneceron pechados.
Na localidade de Rosarno, no sur de Italia, vívese este venres en tensión logo da revolta que protagonizan un grupo de cidadáns inmigrantes en resposta ao ataque que recibiron por parte de descoñecidos un día antes deixando dous feridos.
Pola mañá, gran parte da poboación preferiu ficar na casa, mentres que moitos comercios e escolas permaneceron pechados, segundo informan os medios italianos e as axencias internacionais. Ademais, os manifestantes cortaron algúns dos accesos á cidade.
Todo comezou na quinta feira, cando uns descoñecidos dispararon tiros de aire comprimido contra un grupo de inmigrantes, ferindo dous deles. Inmediatamente despois, producíronse os disturbios, con ducias de escaparates rotos, coches danados e colectores de lixo envorcados.
Situación inhumana
Mais na orixe da protesta está a inhumana situación en que viven os cidadáns vidos doutras partes do mundo, a maioría do continente africano, á procura de traballo. Adoitan traballar nos campos até 15 horas ao día en troques dun cativo xornal.
Algunhas organizacións humanitarias apuntan a explotación destes inmigrantes por parte da \'Ndrangheta, a mafia local. Porén, o ministro do Interior, Roberto Maroni, considerou que a orixe está na tolerancia con que Italia tratou nestes últimos anos o fenómeno da inmigración clandestina
Fuente:http://www.vieiros.com
Un saludo
Pilar

Voltar para “Política internacional”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante