El voto de los emigrantes

Leis españolas sobre nacionalidade, emigración, trámites, estranxería, visados...
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

El voto de los emigrantes

Mensagempor rubi » terça, 01 dez 2009, 12:51

Los emigrantes pedirán a la Xunta el voto en urna
01/12/2009
Las comunidades gallegas en el exterior reivindicarán ante el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se deje de cuestionar \"de inmediato\" la participación de los emigrantes en procesos electorales, para lo que ven \"fundamental\" que puedan votar en urna. Así lo certifica una ponencia de expertos y miembros de los centros gallegos que se debatirá el Consejo de Comunidades Gallegas en Montevideo.
Fuente: www.elpais.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

El voto de los emigrantes

Mensagempor casdeiro » sábado, 27 mar 2010, 11:54

Si, semella que volven á carga os que queren quitar o dereito a voto a unha parte do pobo galego.
Suxiro que participemos en http://chuza.gl/historia/os-vindeiros-c ... ?orixe=rss e noutros foros onde se debata o tema. PArecen esquecer os galicianos que os galegos de fóra tamén teñen acceso a Internet, voz e polo de agora... tamén voto (parte deles polo menos).
Lembro un dos nosos manifestos históricos onde se resumen as posturas oficiais: http://www.fillos.org/fillos/manifesto- ... onalidade/

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

El voto de los emigrantes

Mensagempor cachafeiro » sábado, 27 mar 2010, 21:15

Aqui o que chama a atención non é o artigo de Vieiros, senón os comentarios que nel deixaron os lectores, polo visto todos eles galegos nativo.
Despois que non digan que nos sentimos discriminados ou susceptibles, aos que vivimos deste lado do charco.
A miña nai ten todo o dereito a votar.
............................
APROBARÁ O CONGRESO A MODIFICACIÓN A TEMPO?
As vindeiras municipais poderían ser as primeiras sen voto emigrante
Principio de acordo entre os diferentes partidos para que o sufraxio quede restrinxido a eleccións estatais.
Redacción - 10:46 26/03/2010
Tags: reforma urna voto emigrante
Os numerosos puntos escuros que rodean ao voto emigrante dende hai anos poderían pasar á historia. PSOE, PP, CiU, PNV, BNG xa estarían dispostos a apoiar unha reforma que implique que os emigrantes só poderán votar nas eleccións de carácter estatal e sempre con máis garantías de transparencia que na actualidade, tal e como adianta este venres La Voz de Galicia. O que non está tan claro é se os cambios lexislativos serán aplicábeis nos vindeiros comicios de maio.
Se se confirma o acordo verbal xa existente, nas eleccións municipais só poderán votar os residentes no concello. No caso dos comicios autonómicos, poderían exercer o seu dereito ao sufraxio os residentes ausentes de xeito temporal (fundamentalmente estudantes e traballadores desprazados puntualmente fóra das súas comunidades).
No caso dos residentes ausentes permanentes poderían participar só nas eleccións de carácter estatal. Os partidos estudan a posibilidade de ampliar o número de deputados do Congreso e reservar entre catro e cinco asentos no Senado para os representantes da emigración. En todo caso, o voto en urna será unha realidade e só o poderán facer por correo aqueles que o demanden con antelación suficiente.
Un cambio que pode ser decisivo en moitos municipios
Se finalmente a reforma está lista antes de maio, as sorpresas poden chegar a numerosos concellos onde as alcaldías dependen a miúdo dunhas poucas ducias de votos. Hai que ter en conta que na actualidade en numerosos concellos, especialmente do rural, o voto real da emigración supera o 10% dos sufraxios totais emitidos.
http://www.vieiros.com/nova/78884/as-vi ... -emigrante

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

El voto de los emigrantes

Mensagempor cachafeiro » quarta, 31 mar 2010, 12:42

emigrantes en arxentina
A diáspora non quere recortes no voto
Os galegos de Buenos Aires cuestionan a reforma impulsada no Congreso, queren conservar os seus dereitos e cren que elixir a catro ou cinco senadores é «igual que nada»
Autor:
Agustín Bottinelli
Se a reforma acordada ata agora por PP, PSOE, PNV, BNG e CIU segue adiante, os emigrantes xa non votarán nin nas eleccións municipais nin nas autonómicas, e nas xenerais só poderán optar a elixir catro ou cinco senadores que serán os representantes da emigración nas Cortes. Ademais, implantaríase o voto en urna nos consulados; o sufraxio por correo deberá autorizarse previamente.
A noticia chega aos galegos residentes en Buenos Aires, e as reaccións son atopadas. Para Adriana Garea, 52 anos, nacida en Santiso, algúns cambios parécenlle ben: «Non poder votar para o alcalde non me parece mal; eu estou empadroada nun concello moi pequeno e desde aquí podo cambiar a historia dese municipio. De feito, Santiso ten máis residentes fose que dentro. Se toda a emigración empadroada en Santiso vota cambiamos o destino dos que alí viven». Con todo, a Adriana parécelle mal que non poidan elixir ao presidente da Xunta; «están avasallando os nosos dereitos», reproba. En canto aos senadores, pon os seus pegas: «Votar por 4 ou 5 senadores é igual que nada». A reforma merécelle outras obxeccións; así, discrepa do voto en urna, «xa que a emigración aquí é xente moi maior, temos un só consulado en Buenos Aires e hai que viaxar ata alí». Adriana deixa unha reflexión: «Dáme a sensación de que queren que o charco sexa unha separación real. Non o van a lograr; de feito, teño aos meus dous fillos vivindo alí».
Carmen Prieto, de 71 anos, naceu en Castro, no concello ourensán de Taboadela. Case con enfado asegura: «Eu vou sempre a votar polo partido que a min me gusta. Está ben que os que vivimos no estranxeiro teñamos dereito ao voto. Como todo isto non me convence, quizá empezo a votar en branco. ¿Por que se traen ese invento agora?». Tampouco lle gusta o cambio no sistema «porque haberá que facer colas terroríficas e moita xente non irá. Para ir votar ao consulado non o tería que pensar dúas veces, senón dez».
Para Manuel Edreira, 73 anos, nacido en Melide, a restrición ao voto merécelle unha dura crítica: «Sacáronnos todo. Paréceme unha barbaridade. Somos de alí e temos dereitos. Sei ben o que ocorre no meu pobo e vou case todos os anos. Un segue sendo galego en Arxentina, Rusia ou onde sexa. E un ten o dereito á súa nacionalidade».
Maruxa Gallardo acaba de cumprir 65 e é oriúnda de Esteiro (Muros). «A restrición non me gusta, porque eu sei a quen voto e preocúpome permanentemente por decatarme do que está a pasar en Galicia e no meu pobo, arranxen un camiño ou abran unha escola». é si, ve ben a urna: «O desexo de votar o manifestas indo ao consulado, tómasche a molestia». En cambio, xulga «pouco democrático» que só se poidan elixir uns senadores.
Aos seus 69 anos, Benito Fernández, de Xinzo, móstrase doído: «Como galego quixese permanecer integrado. Estiven sempre á beira dos galegos. Vivo na Arxentina desde fai 60 anos, pero teño os meus papeis como corresponde. Son galego e creo que deben deixarnos votar». Preguntado se está informado do que ocorre na súa terra, responde: «Si, porque eu ata son amigo do alcalde do meu pobo. Ten familiares aquí e vén a miúdo».
Aínda que arxentina, María Currais é filla e muller de composteláns. Recorre á familia para xustificar a súa crítica: «Debe quedar como estaba. O meu marido vai sempre a votar. A miña familia ten a nacionalidade, os meus fillos e netos. O meu marido ten catro irmáns en Galicia. E eu, moitos curmáns». En canto ao consulado, razoa, «para algúns está cerca, pero para nós, que estamos en provincia, queda a desmán. é mellor por correo».
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/20 ... oma=galego

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

El voto de los emigrantes

Mensagempor yagui » quinta, 01 abr 2010, 02:31

Sería una buena manera para acabar con el \"caciquismo\" de la mayoria de los concelhos galegos...jaja.
Ahora en serio, aunque algo de cierto hay de lo que dije recien, aca hay algo fundamental que se estan olvidando en Galicia: los tres partidos mayoritarios en Galicia tienen 3 ideologias muy bien definidas. Y no creo que ningun postulante a alcalde en Galicia no sepa por que partido se postula. Con lo cual, lo que se vota son tres modelos distintos y bien definidos. El emigrante que vota al PP, PSOE o BNG, SABE que ideologia esta votando. El que no tiene ni idea, directamente NO va a votar. Por lo tanto, por mas que no le conozcamos la cara a la persona que se postula y no sepamos si es buena o mala (por otra parte, como la mayoria de la gente de los concelhos pequeños debe votar, o sea, que vecino le cae mejor) sabemos QUE MODELO DE GESTION estamos votando.
Aca todo el mundo piensa que nos dan regalos: los viajes a Galicia son regalos, el voto es un regalo...ahora digo yo, si somos ciudadanos... no seran DERECHOS? o la ciudadania es un regalo tambien?

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

El voto de los emigrantes

Mensagempor cachafeiro » quinta, 01 abr 2010, 10:56

Se te olvidó decir, mi querido amigo, que estos son los mismos partidos politicos que mandaban sus candidatos a estas pampas, con la promesa de ayudas, viajes y organizaban comidas en cuanta institución gallega se prestara, para obtener un voto.
Y hoy se rasgan las vestiduras.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

El voto de los emigrantes

Mensagempor cachafeiro » quinta, 01 abr 2010, 10:57

Podía ser mas larga mi exposición sobre el tema, pero destilaria mucha merda sobre el tema.
Apertas!!!!

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

El voto de los emigrantes

Mensagempor rubi » quarta, 07 abr 2010, 21:04

Amigo yagui, esta vez coincidimos totalmente. Cuando emito mi voto en las elecciones de Galicia, lo hago sabiendo la ideología de cada partido. Es por eso que jamás votaría al PP porque no concuerdo con ninguno de sus principios.
Es verdad que me falta vivenciar los problemas cotidianos que se le presentan a los habitantes de Galicia, pero en general, trato de estar informada sobre la plataforma electoral de cada partido que se postula, como lo hago cuando voto en mi país. Es sólo cuestión de interés, porque en la época actual, con todos los medios que tenemos a nuestro alcance, no es tan difícil informarse.
Insisto con que el voto inmigrante es un derecho inalienable que se ha conseguido luego de muchos años de lucha y no voy a renunciar a él.
Como bien decís, seguramente aquí habrá muchos que opinen lo contrario, pero siempre sentí que podemos expresar lo que pensamos con total libertad, sin ofender a nadie...
Un abrazo
Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Lexislación que nos atinxe”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante