Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.

Mensagempor rubi » quarta, 25 nov 2009, 14:07

Escaseza de recursos e melloras pendentes na atención á igualdade
Administracións, sindicatos, partidos, e colectivos sociais subliñan propostas e prioridades aproveitando este mércores o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Non debemos quedarnos só na reprobación das condutas violentas, senón rexeitar tamén a indiferenza, ignorancia ou tolerancia que ás veces as rodean, xa que indirectamente favorecen o mantemento dunha situación de desigualdade e discriminación non tolerable nunha sociedade avanzada e democrática como a nosa\", expón o Goberno na súa declaración institucional para este 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
No Parlamento, e na véspera desta xornada, debatíase unha moción do BNG que propoñía axilizar o desenvolvemento de medidas concretas incluídas na Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero. O PP votaba en contra e acusaba o Bloque de pretender que o desenvolvemento da lei \"se centrara só nalgúns aspectos e impoñendo modelos concretos do seu programa electoral\". Á súa vez, os nacionalistas aproveitaban para censurar a redución de recursos e paralización de iniciativas relacionadas coa atención á muller desde a chegada do PPdeG ao poder neste 2009. Desde o PSdeG insistían no \"moito que queda por facer\" e reclamaban \"un pulo importante da administración\" para desenvolverse \"na súa totalidade\" a citada lei.
Desde o ámbito sindical, Comisións Obreiras presenta un estudo onde debulla, entre outros, o paradoxo de que entidades sociais do país estean poñendo da súa parte \"máis medios asistencias que os diferentes concellos ou a propia Xunta. \"Sobre todo no que lle toca a prazas en centros de protección a maltratadas ou en vivendas tuteladas\", reprochan. A UXT destaca a educación en igualdade como \"eixo prioritario\" e salienta tamén a denuncia da escaseza de prazas de acollida para mulleres maltratadas e avogan pola fórmula dos pisos tutelados. Desde a CIG, subliñan que, alén da violencia sexista nos fogares, é importante combater \"estruturas e valores patriarcais que perpetúan e consolidan a violencia sexista no plano social e laboral\".
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.

Mensagempor rubi » quarta, 25 nov 2009, 14:12

DIFERENCIACIÓN POR SEXOS
A loita contra a segregación nas aulas volve á rúa.
Os sindicatos do ensino protestan contra o financiamento público dos colexios que \"lexitiman e reproducen activamente a discriminación contra as mulleres.
A escola ten unha responsabilidade especial en deslexitimar a violencia simbólica exercida contra a muller\". Así o consideran os sindicatos do ensino, CIG, CCOO, UXT e STEG, que este mércores se manifestaron perante a Consellaría de Educación en protesta contra a achega de fondos públicos aos colexios que segregan ao seu alumnado en función do seu xénero. Nun comunicado conxunto consideran \"indignante que un Goberno do século XXI financie centros de ensino que reproducen activamente a discriminación contra as mulleres expresada do modo máis flagrante: a segregación por sexos\".
Unha forma de discriminación
Esta concentración exixiu a eliminación dos concertos educativos cos centros que levan a cabo estas prácticas de segregación e que esas partidas se destinen á prevención da violencia contra as mulleres. Nesa liña, critican a \"inhibición nas súas obrigas\" do Goberno, que \"utiliza a idea de liberdade das nais e dos pais para xustificar prácticas de discriminación que conculcan os dereitos das nenos e dos nenos\".
Finalmente, alertan sobre as consecuencias que ten este ensino diferenciado: \"unha escola que segrega por sexos non é garante do fomento e o desenvolvemento da igualdade dos dereitos entre homes e mulleres nin contribúe á cohesión social\".
As escolas católicas contestan
Pola súa parte, algúns colectivos de Escolas Católicas e as federacións de centros privados (CECE) e de pais e nais (FAGA) reiteraron que a educación diferenciada por sexos \"non equivale a discriminación\" e lamentaron as críticas dos sindicatos maioritarios no ensino. \"Non parecería xusto\", din, \"que os poderes públicos discriminasen aos centros que optan por un modelo pedagóxico debidamente contrastado nin as familias que o elixen\".
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante