Benvidos á Internet, galegos de Cuba!

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

Benvidos á Internet, galegos de Cuba!

Mensagempor coordfillos » quinta, 24 set 2009, 17:52

Aledoume estes días saber que os atrancos para a conexión a Internet dos nosos irmáns cubanos se van ver reducidos: http://www.bbc.co.uk/mundo/america_lati ... _jrg.shtml

Esperamos que isto nos permita un maior achegamos á comunidade de orixe galega asentada na illa caribeña. Xa tiñamos participantes desde ese país irmán, pero moi poucos en comparación coa importancia cuantitativa do sangue galego na conformación do pobo cubano da actualidade. Por iso coido que a partir de agora habemos recibir máis visitas e participación doutros fillos e netos de Galiza procedentes de Cuba.

Amigos cubanos, benvidos á WWW, e benvidos á maior Comunidade Virtual (ou Rede Social) galega mundial!

:)

Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante