Celso Emilio, a voz que non se apaga

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Celso Emilio, a voz que non se apaga

Mensagempor rubi » quinta, 27 ago 2009, 12:46

Este sábado, a piques de celebrarse o 30 cabodano do seu pasamento, a asociación Arraianos réndelle tributo ao poeta na súa vila natal.


Celso Emilio Ferreiro é, sen dúbida, un dos poetas galegos máis influintes do século pasado. Cando están a piques de cumprirse 30 anos da súa morte (un 31 de agosto), a asociación Arraianos ten preparado un acto popular para lembrar ao escritor de Celanova na súa vila natal.

O sábado, ás 18.30 horas, no cemiterio de San Breixo de Celanova haberá un recital poético e musical que acompañará unha ofrenda floral. Dende Arraianos queren reivindicar a figura dun poeta que logrou o que semella ás veces tan difícil, a popularización da súa obra. Un exemplo é que os seus poemas foron cantados, entre outros, por Pucho Boedo, Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde ou máis recentemente por Dios ke te crew.

Unha xornada para lembrar os represaliados
A homenaxe en Celanova vai ser ben máis ampla. Ás 12 da mañá dese mesmo día, a asociación Arraianos ten organizado un acto no Alto do Furriolo (A Bola) para lembrar os represaliados pola ditadura franquista.

Os tributos tamén van chegar ao lugar coñecido como Poza das Rás, onde un 29 de agosto de 1936 foron asasinadas cinco persoas de ideas republicanas (Xulio González, mestre de Verea; Amadeo López, mestre e colaborador da revista Nós e natural de Carballeda de Avia; e Silvio Torres, condutor, natural de Ourense).

Fuente: www.vieiros.com

............................................................................................................

Poema de Celso Emilio, del libro Cemiterio Privado

EPITAFIO SEN SARTEGO

Existen monumentos ó soldado descoñecido
pero ninguén se lembra do labrego que labra a terra
no campo onde naceu o soldado descoñecido,
nin do obreiro que construíu a casa
onde viviu o soldado descoñecido,
nin da nai que pariu un meniño loiro
que despois chegou a ser soldado descoñecido,
nin do poeta que canta, morrendo de noxo,
para que no mundo non haxa soldados descoñecidos.


Rubí
Buenos Aires-Argentina

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Celso Emilio, a voz que non se apaga

Mensagempor sbaezagarr » sexta, 21 mai 2010, 05:39

Celso Emilio Ferreiro
(1912 - 1979)
Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova no ano 1912. Alí estudou cos Padres Escolapios, dos que recibiu unha formación cultural moi pouco común na época. Estivo relacionado desde moi novo co movemento nacionalista e a comezos dos anos 30 afiliouse ás Mocidades Galeguistas para iniciar unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país.
Cando estalou a guerra Celso Emilio foi obrigado a se incorporar ao exército franquista. Estivo condenado a morte e, nas catro noites que pasou na cadea até a familia conseguir o indulto, escribiu o poema \"Longa noite de pedra\", núcleo central do libro do mesmo título.
Finalizado o conflito, cursou Maxisterio e Dereito en Compostela. Só concluíu a primeira das carreiras, mais nunca chegou a exercer como mestre. Casou con Moraima e a parella instalouse en Pontevedra. Nesta cidade fundou en 1948 a colección Benito Soto.
Establecido en Vigo desde 1949 como procurador, escribiu unha biografía de Curros Enríquez, consciente de que a recuperación da figura do poeta podía xogar un papel importante no despertar da consciencia colectiva do país nun momento tan delicado. En Vigo publicou O soño sulagado (1954), colaborou en varias revistas e dirixiu, para Galaxia, a colección de poesía \"Salnés\", onde saíu, en 1962, Longa noite de pedra. O impacto desta obra foi enorme, esgotouse en poucos días e correu multicopiada de man de man, marcando un fito na historia da nosa literatura. Aínda que non era o primeiro poemario da corrente socialrealista, Celso Emilio pasou a ser o símbolo deste movemento.
En 1966, respondendo a un convite da emigración, marchou a Caracas, onde axiña se enfrontou coa directiva da Irmandade Galega e o sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que redixiu Viaxe ao país dos Ananos (1968), polémico poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en Cantigas de escarnio e maldicir (1968), asinado baixo o pseudónimo Arístides Silveira, no romance de cego Paco Pixiñas (1970), en Os autentes (1973) e mais en Antipoemas (1972). Celso Emilio decántase pola actitude belixerante e o compromiso, pois entende que a poesía é un instrumento eficaz para transformar a realidade.
En 1973 instalouse en Madrid, onde desenvolveu unha intensa tarefa a prol da cultura e a literatura galegas, dedicándose por completo á actividade literaria e xornalística. Son desta época os poemarios Cimenterio privado (1973) e Onde o mundo se chama Celanova (1975). A morte sorpréndeo en Vigo no verán de 1979, nun momento en que Celso Emilio Ferreiro se convertera xa nun auténtico mito vivo para as novas xeracións.
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=Ce ... o+Ferreiro

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Celso Emilio, a voz que non se apaga

Mensagempor sbaezagarr » sexta, 21 mai 2010, 05:45

O REINO
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino?
NAI
Eu non choro por ti, pois sei que mouras
onde a fonte do tempo, alá no fondo
de todos os camiños.
Choro por min un pranto inconsolábel,
que me quedei sin ti, meu limpo espello,
coma un arbre na noute, soio e núo,
fendido polo cerne, coas reigames
sin os doces segredos das violedas.
Choro por min, por estas maus de cinza
que outrora foron pombas,
cando o meu corazón era un paxaro
e ti pasabas sempre atafegada
nun andar de formiga labourando.
Tecían as labercas os abrentes
i eu era un vagalume, unha estreliña
ateigada de luz polos camiños.
Dios estaba con nós.
Agora vou senlleiro,
orfo de beixos tépedos sin mácula.
Choro por min que xa non teño colo,
para pousarme níl coma nun niño,
miña nai imposíbel, viva e morta
no cristal dos meus ollos.


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante