Castelao: Líder eterno da galeguidade

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Castelao: Líder eterno da galeguidade

Mensagempor rubi » quarta, 26 ago 2009, 18:26

A raiz de un mensaje recibido en A Rolda de Fillos, donde alguien confunde al idioma gallego con un dialecto, se me ocurrió publicar aquí un fragmento del libro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

SEMPRE EN GALIZA" VI, Libro Primeiro (fragmento)

A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu preguntarialles: ?¿dialecto de que idioma? ¿do que vós chamades español?? De ningunha maneira, porque o idioma que vós impuxéchedes pola forza é un irmán menor do galego, ?¿Acaso queredes dicir que é un dialecto do latín??. Pois entón, chamádelle dialecto ó francés, ó italiano, ó rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego.

E diríalles máis: ? Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsáchedes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados?. (.......)

Un idioma no nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola predisposición psicoloxica dun pobo, que, en condicóns históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa una atentado á súa cultura peculiar. Mais os pobos teñen unha forza máxica, invulnerable, e por iso, as nacións asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poderán converterse en parásitos da cultura dominante; pero endexamais se deixan asimilar.

O problema do idioma de Galiza é, pois, un problema de dignidade e de liberdade, pero máis que nada é un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón. Nós queremos mamar a cultura na propia teta. Pedimos garantías legais para o desenrolo natural do noso espírito, porque queremos volver a presentarnos dignamente no mundo, lavando nas mans o ouro da nosa cultura (sabiduria manisfestada) para ofrendalo ó acervo espiritual da Humanidade.


Rubí
Buenos Aires-Argentina

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Castelao: Líder eterno da galeguidade

Mensagempor yagui » sexta, 28 ago 2009, 21:46

Ainda que o mesmo Castelao non puido sair da castelanización do idioma galego, segue a ser o máis claro. O texto é moi axeitado, parabéns. Saúdos.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante