Homenaxe do 24 de xullo

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Homenaxe do 24 de xullo

Mensagempor pilarmabel » sexta, 24 jul 2009, 02:35

Galiza Nova lembrará a Rosalía e a Castelao nun momento de "ataques" á lingua
A organización xuvenil nacionalista, coincidindo co seu 20 aniversario, organiza un acto político-cultural no Panteón dos Galegos Ilustres.


Galiza Nova renderalles homenaxe a Rosalía de Castro e a Castelao o 24 de xuño, nun acto de reivindicación da lingua galega fronte aos "ataques da dereita" e "sobre todo do PP". A secretaria xeral da organización, Iria Aboi, destacou a "especial relevancia" da homenaxe, cando se cumpren 25 anos do traslado a Galiza dos restos de Castelao.

Así mesmo, o acto coincide nun momento en que o Goberno está a cometer "continuos ataques" á lingua galega, "á defensa da cal dedicaron a súa vida estas dúas figuras". O acto, que Galiza Nova organiza dende 1996, coincidirá coas actividades do Día da Patria e co Festigal 2009, ademais do vixésimo aniversario da organización nacionalista, que Aboi definiu como "lexítima herdeira" das ideas de Rosalía e de Castelao.

Segundo adiantou Iria Aboi, un dos obxectivos da homenaxe deste ano será "rescatar do esquecemento e da ocultación" as personalidades sepultadas no Panteón dos Galegos Ilustres e denunciar "o abandono e a mínima difusión" dese espazo.

Ademais da ofrenda floral tradicional, intervirán Carlos Blanco, Paula Carballeira, Guadi Galego e Anxo Angueira, que lerán fragmentos de distintas obras das persoas ás que se lles rende homenaxe. Estará presente, tamén, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, xunto á secretaria xeral de Galiza Nova. Miro Casabella poñerá a nota musical, que concluirá co Himno. O acto terá lugar o venres 24 ás 17:30 horas no Panteón de Galegos Ilustres.

Acto en Vigo
A asemblea comarcal de Galiza Nova en Vigo organiza, o xoves ás 20 horas na Praza da Constitución, un outro acto na honra de Castelao, para conmemorar o cabodano do seu traslado e reivindicar o dereito á Soberanía Nacional. Militantes da organización lerán treitos do Sempre en Galiza. Tamén intervirá o responsábel comarcal, Galaaz Vaamonde. O acto rematará con música tradicional e entoando o Himno Nacional



Fuente:http://www.vieiros.com

Un saludo
Pilar

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante