Oferta de emprego (Fillos precisa asistente técnico/a)

Versión 5 do noso taboleiro específico para anuncios persoais clasificados. Tamén para o troco de galeuros.
Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

Oferta de emprego (Fillos precisa asistente técnico/a)

Mensagempor coordfillos » sexta, 12 jun 2009, 15:36

Descrición do posto: Asistente técnico/a informático/a

Comezo do contrato: 15 de Xullo de 2009

Tipo de contrato: ata fin de ano 2009, con posibilidades de continuidade no 2010.

Horas/semana: 20 h (4 h/día x 5 días).

Soldo bruto/mes (incluida prorrata pagas extra): 700 euros.

Lugar de traballo: Aldea Nova (Ames, A Coruña).

Funcións:
- Xestión dos webs responsabilidade de Fillos de Galicia, incluíndo:
-- Análise e desenvolvemento informáticos.
-- Xestión técnica e mantemento.
-- Atención aos usuarios e colaboradores.
-- Xestión e introdución de contidos.
-- Dinamización.
-- Promoción online.
- Colaboración na captación de fondos para a asociación:
-- Xestión e optimización de espazos publicitarios online.
-- Realización de deseño web e outros traballos ofrecidos por
RedeGalega.org.
- Outros labores técnicos da asociación cultural Fillos de Galicia.

Requérese:
- Paixón pola cultura galega.
- Dominio do idioma galego.
- Capacidade para traballo en grupo e o teletraballo.
- Capacidade de autoxestión do tempo e da información.
- Capacidade para traballar por obxectivos en múltiples proxectos
simultáneos.
- Dotes organizativas e comunicativas.
- Iniciativa.
- Experiencia en programación en entornos Apache-MySQL-PHP.
- Experiencia en deseño de web: HTML, CSS, Javascript, etc.
- Coñecementos sobre comercio electrónico e marketing online.
- Coñecementos avanzados de entornos Linux.

Valorarase:
- Capacidade e experiencia en coordinación e organización de equipos e
proxectos en Internet.
- Coñecementos acerca do fenómeno migratorio galego.
- Coñecementos de cultura, historia, xeografía, etc. galegas.
- Capacidade de xestión e dinamización de comunidades virtuais (redes
sociais).
- Habilidades sociais online.
- Coñecemento e experiencia en entidades non-lucrativas.
- Experiencia en trato coa administración.
- Coñecementos e experiencia en xestión cultural.
- Coñecemento doutros idiomas: portugués e inglés.
- Experiencia na xestión e personalización de CMSs, especialmente PostNuke.
- Experiencia na configuración, xestión e adaptación de OSCommerce.
- Experiencia na instalación, configuración e adaptación doutras
ferramentas de software libre: MediaWiki, WordPress, phpBB2/phpBB3, DokuWiki, etc.
- Experiencia en proxectos de migración entre diferentes CMSs e entre
diferentes sistemas de foros.
- Coñecementos de Adobe Flash.
- Coñecementos de estándares web.
- Coñecementos de programación Ajax.
- Coñecementos de XML.
- Coñecementos de seguridade informática.
- Coñecementos de cibercultura.
- Experiencia en autoemprego e proxectos propios en Internet.
- Coñecementos de modelos de negocio en Internet, nomeadamente sobre o mercado publicitario online.
- Experiencia como colaborador ou voluntario en Fillos de Galicia ou nalgún dos seus proxectos.

Os interesados deben enviar un e-mail a secretaria ARROBA fillos PUNTO org antes do día 30 de Xuño de 2009, incluindo o seu curriculum vitae e unha mensaxe explicando por que se consideran axeitados para o posto e por que lles interesa traballar en Fillos de Galicia.

Entre os curricula recibido faremos unha preselección e posteriormente haberá unha entrevista persoal cos candidatos que ao noso entender sexan máis axeitados para as nosas necesidades.

Grazas de antemán a todos os que vos interesedes polo posto.

Voltar para “Anuncios Clasificados: Compra, venda, traballo, etc.”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante