Prescrición do delito

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "Historias da nosa emigración".
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Prescrición do delito

Mensagempor pilarmabel » quinta, 14 mai 2009, 02:59

Por prescrición do delito

Arquivada a denuncia do asasinato de catro represaliados

Redacción . O Xulgado de Instrución Número 2 do Porriño resolveu arquivar a denuncia interposta pola Asociación de Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, polos alcaldes do Porriño e Salceda de Caselas e a familiares, pola detención ilegal e asasinato de catro canteiros represaliados




Segundo informou esta asociación, a sala porriñesa denegou a incoación de dilixencias previas debido a que os delitos denunciados prescribiron e "non existe probabilidade de que a investigación desemboque nun xuízo oral". Ademais, rexeita que eses delitos poidan enmarcarse "no contexto de crimes contra a humanidade".

O xulgado tamén determina que non ten por que supeditarse ao Xulgado de Instrución Número 5 da Audiencia Nacional, cuxo titular, Baltasar Garzón ditou un auto de inhibición a favor de cada partido xudicial nos casos de denuncias de asasinados polo réxime franquista e das exhumacións dos corpos.

A sala recoméndalles, no entanto, aos denunciantes "que acudan a outras administracións públicas para as tarefas de localización e identificación dos desaparecidos", os canteiros de Salceda de Caselas, Manuel Domínguez, Bieito Antonio Cabaleiro, Gabriel Besteiro Rodríguez e Anxo Cabaleiro, cuxos corpos poderían estar nunha fosa no cemiterio de San Salvador de Budiño, no Porriño.

?Denegación da xustiza?

Para o xulgado, é no ámbito da Lei de Memoria Histórica onde se poden exercer as "xustas reivindicacións de recuperación dos restos dos seres queridos, dignificación e honra da súa memoria".

A Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas estuda agora presentar un recurso de reforma e apelación en contra da decisión do xulgado porriñés que, en opinión do presidente deste colectivo, Anxo Rodríguez, "coloca a solución dos feitos nunha vía cega". "Se nin a Audiencia Nacional nin o xulgado territorial son competentes, estase producindo unha denegación de xustiza", aseverou.



Fuente:http://www.anosaterra.org

Un saludo
Pilar

Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante