Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
alven
Mensagens: 32
Registado: terça, 14 fev 2006, 23:02

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor alven » segunda, 19 jan 2009, 01:01

Hola a tod@s, hace ya mucho tiempo que no participo activamente en este querido lugar que lo siento como la casa de mi hermana, o la de mi hija que viven en Madrid y a quienes amo entrañablemente a la distancia.
Participar de Fillos, era estar en contacto con la tierra de los abuelos y demas ancestros que vivieron en Galicia, por lo que tengo documentado desde el siglo XVII, por Porto do Son, Noia, Pobra do Caramiñal y Cuntis.
Significaba estar con tantos que como yo llevan en la sangre ese ser gallego, honesto, luchador incansable, trabajador, orgulloso de su tierra.
Pero al haber recibido el correo que comenzaba la Asamblea Anual de Socios, con tristeza comprendí el motivo de mi ausencia en el sitio.
No puedo creer que siendo mas de 6000 miembros, no lleguemos a medio centenar de socios, no se quiere a Fillos declamando su amor a la organización, y no se pueda efectuar ese pequeño esfuerzo que significa una mínima cuota anual para solventar los gastos que origina su funcionamiento.
Entre muchas virtudes que tuvieron nuestros abuelos inmigrantes, una fue su solidaridad y compromiso con las organizaciones que ellos fundaron y mantuvieron hasta nuestros días.
Esto que expreso no lo hago, desde una cómoda posición económica, sino como uno mas de los tantos trabajadores argentinos que sufrimos las crisis recurrentes que nos afectan en lo laboral y en lo financiero.
Espero que reflexionen y realicen el esfuerzo necesario para apoyar con la cuota anual el presupuesto digno que Fillos merece acorde a la envergadura que tiene.
Luis Alvariza Ventoso, Lomas de Zamora, Bs As, Argentina

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor casdeiro » segunda, 19 jan 2009, 16:58

Grazas pola túa mensaxe, Luis. Efectivamente a falta de compromiso en forma de convertírense en socios/as, ou doutras maneiras (voluntariado, etc.) é algo que arrastramos desde os primeiros tempos. Temos falado moito deste tema, tanto na Rolda como neste Taboleiro, e feito diversas campañas de captación da implicación dos membros. Mesmo enquisas que moi pouca xente se dignou contestar. Penso que moita xente dá por sentado que Fillos de Galicia vai seguir aí, que sempre vai haber outros que tiren do carro.

Efectivamente os dos nosos pais e avós eran outros tempos e hoxe pagamos as tendencias sociais da insolidariedade e do individualismo exacerbado. Se non fose porque existen membros que coma ti da un paso á fronte e se fan socios, isto hai tempo que xa non existiría.

Aínda así temos a asemblea para falarmos do tema entre os socios e buscar solucións. É un debate que ven de longo e que ten que se resolver por algures.

Grazas de novo polo teu chamamento e espero que contribúa á reflexión dos membros participantes na nosa comunidade virtual.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor casdeiro » segunda, 19 jan 2009, 17:03

Máis debates e comentarios para esta reflexión:
-
-
-
-

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor cachafeiro » segunda, 19 jan 2009, 20:43

A propósito que me vou a meter en camisa de once varas, non podo calar a boca.
Señores Alven e Casdeiro, non se puxeron a pensar que habendo case 6.300 membros e tan só 47 socios, a falta de compromiso non sexa dos mienbros senón que algo falla nesta comunidade?
Seica non se deron conta da pouca cantidade de xente que participa nos foros e das poucas respostas que hai aos temas que alí publícanse?
Sr. Alven estou rexistrada desde Abril do 2008 e é a primeira vez que o leo no taboleiro, é vostede o màs indicado ao falar de falta de compromiso? e isto dígollo co maior dos respectos.
Pero me parece que as súas palabras feren a sencibilidad de moitos de nós, que Se sentimos e declamamos Amor á nosa terra, e que non sendo socia non deixo de participar e colaborar no que podo.
Saudos de unha filla de Galegos.



Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor casdeiro » terça, 20 jan 2009, 12:07

Efectivamente, Alexandra, que esta comunidade é imperfecta sabémolo todos. Ten moitas eivas, pero precisamente sen compromiso da xente... como as solucionar? Esperamos a intervención divina ou o compromiso ignífugo de 4 persoas ata se desgastaren? Hai moitas maneiras de medir ese compromiso, por suposto. E penso que escasa participación dun membro/socio non debía unicamente medirse nin pola súa achega económica nin polo número de mensaxes no Taboleiro.

Sen máis mans para axudar, a comunidade non progresa. Sen progreso, non hai máis mans para axudar. Como propós ti, Alexandra, saírmos dese círculo vicioso? É algo que levamos tempo debatindo, fóra pero sobre todo dentro da asemblea de socios. É de agradecer que a xente máis interesada en mellorar Fillos dea o paso de se facer socia e así contribuír coas súas ideas no debate e definición do futuro dos nosos proxectos.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor cachafeiro » quarta, 21 jan 2009, 14:41

Tes razón Manuel, como din aquí, empecemos polo principio, jajajaj
O primeiro paso que darei é asociarme ( xa lle escribín ao Admin.)
E desde ese lugar tratarei de seguir participando como o fago ata agora, que che parece?
Eses si, pobre de tí que non participes nos debates, e a todos os socios que nin aparecen polo foro os desafío a participar nos temas, porque é moi cómodo falar desde o silencio.
Onte fué o meu aniversario e pedinlle á miña nai como regalo a cota para asociarme, xa che contei o inconveniente que tiven a fin de ano.
Paréceche ben asinar o acordo?? jajajaja
Una forte aperta.


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor casdeiro » quinta, 22 jan 2009, 07:51

O acordo en todo caso será coa asociación, Alexandra. Eu non son quen para asinalo contigo.

En calquera caso deberías esperar a que remate a IX Asemblea Xeral xa que namentres está activa, non se admiten novos socios. Síntoo pero son as normas :-(

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor crisanto » quinta, 22 jan 2009, 09:47

Ola Alexandra:
Alédome moita que te vaias facer socia, eu xa o fixen hai poucos días, xusto antes da asemblea. Ti es unha persoa aberta e comunicativa que se ve que estás a gusto en fillos. En canto lin os teus primeiros mensaxes xa me decatei que es unha boa persoa. Facéndonos socios axudamos a que esto tire para adiante e poida chegar a máis xente e podan estar en contacto coa terra e coa cultura galega dos nosos antergos

Saúdos e moitas apertas
Crisanto

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor cachafeiro » quinta, 22 jan 2009, 23:19

Amigo Crisanto:

Realmente é un gusto haberche coñecido, es ante todo unha gran persoa e un CABALEIRO.
Agradezo as túas palabras que son sinceras e sentidas, foron unha caricia á miña alma.
Todo o que fago é por pura paixón ao meu sentir galego.
Unha grande aperta.



Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor cachafeiro » quinta, 22 jan 2009, 23:50

Manuel é unha pena que non comprendas o ton de broma da miña mensaxe, non eras ti o que gustaba da retranca?
Se perfectamente que o compromiso que tomo é coa Asociaciòn de Fillos.
Creo que a túa resposta bordea a descortesia.
Se queres que fale en serio, fareino.
Cando escribín: "Eses si, pobre de tí que non participes nos debates, e a todos os socios que nin aparecen polo foro os desafío a participar nos temas, porque é moi cómodo falar desde o silencio", estaba falando dos socios que se queixan que a xente non participe asociandose, pero eles non participan activando os debates e facendo máis ameno o Taboleiro.
En ningún momento referinme a ti, que sempre estas publicando temas que son de interes para min, só che "chuzaba" a que escribises nas miñas publicacións.
O de: "Paréceche ben asinar ou acordo?? jajajaja ", era refiriendome a iso mesmo, a que participes nos temas que publico no Taboleiro, nada mais.
Lin varias veces a túa contestación porque non podía crer que non entendese unha broma, só foi unha broma.
E despues pregúntasche`porque a xente non se asocia??
Saúdos.


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante