Un sucedido revelador (sobre a lingua)

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Un sucedido revelador (sobre a lingua)

Mensagempor casdeiro » quinta, 27 nov 2008, 12:12

Veño de presenciar un destes "sucedidos" que tan reveladores son sobre a situación do noso idioma, e en concreto da nosa onomástica:

Nunha oficina dunha caixa galega, unha vella galegofalante era atendida por un caixeiro castelán-falante (destes que meten de cando en vez algunha palabriña ou expresión en galego con función humorística).

Cando lle preguntou o nome e apelidos a señora dixo un "Fernandes" (escribo como o pronunciou). O caixeiro como estrañado insistiu en que llo repetira: "¿Fernández o Fernandes?" Ela, insistiu en repetilo, como sen saber de que falaba, igual cá primeira vez: "Fernandes!". O caixeiro deuse por convencido, pero automaticamente dixo: "Ah, con ese".

E non digo eu que a señora non puidese ter un pai portugués, pero o grave do asunto é que tanto ela (coido eu, pola idade e polo que tardou despois en botar a sinatura sobre o seu nome escrito con S, non sei nin se sabería moito escribir) como el non fosen conscientes da existencia de variantes dialectais na nosa lingua, como o seseo implosivo (común nesta zona onde vivo) e que se pode escribir con Z e pronunciar con S.

A miña avoa -que "en pas" estea- teríalle dito ao fulano: "Lopes Ghomes". Se cadra, el teríallo escrito con J.

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes