El rural se vacía

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

El rural se vacía

Mensagempor pilarmabel » quarta, 14 out 2009, 09:13

A LENTA TRAXEDIA
Afonso Eiré .
O 23 de setembro, ás seis da tarde, enterramos ao Amador e ao Edelmiro, meus tíos. Aos dous xuntos, parede contra parede, como viviron toda a súa vida. Sempre andaban de brincadeira co meu pai “ameazándoo” con que ían morrer os dous o mesmo día, e que el, máis vello, ficaría aquí para choralos. Cumprírona, morreron de morte morrida.
Pasados os primeiros momentos de dor pola desaparición de dous seres tan queridos, unha fonda pena magóame agora o corazón. Estoume a decatar de que está tamén a desaparecer a miña aldea de Riopedroso, algo evidente, pero que agora aparece na miña percepción de xeito tan nidio e, en certo xeito, tan doloroso como a morte real dos meus familiares.
Atinxo que está a alamparse cunha xeración boa parte da cultura popular galega. Que por máis que tentemos fixala, mesmo recuperala, se desaparecen as aldeas e non hai unha transmisión lóxica e in situ, que se realimente a cotío, a condena de grande parte da nosa identidade está asinada sen remisión de indulto.
Quen pode explicar agora como os novos estorniños non comen os froitos nas cerdeiras, ao xeito que facían os galegos, senón que carrexan todo o día e almacenan cestos de cereixas nas presas dos prados tapadas con herba?
Quen me sinalará como foron as colleitas realmente polas veces que criaron os pardaos ese ano?
Quen me analizará a relación de que se volte sementar millo en todos os agros da parroquia, antes a prado, co aumento exponencial dos corvos?
Quen me advertirá de que non plante un salgueiro pingón a menos de cen metros do pozo se non quero que as súas raíces o atúen e desfagan?
Quen me vai predicir o tempo para o día seguinte ollando cara o Faro ao solpor e acertar mellor que a TVG?
Quen me contará historias, unhas verdadeiras e outras inventadas, que me reconcilien e me leven a un pasado que, en moitas cousas, era moito máis progresista e moderno que a actualidade?
Quen me ensinará agora, na práctica, o que é realmente a retranca?
Riopedroso, o meu lugar, pode desaparecer como comunidade de relación, como célula de convivencia, en menos de vinte anos. Non estou a falar dunha aldea remota. Levántase desde 1316 a menos de catro quilómetros da vila de Chantada. Ten a principal industria da comarca, un matadoiro-frigorífico, que lle dá traballo a preto de cincuenta persoas. Concentración parcelaria. Un chan fértil. Unhas devesas, de fadas e trasnos, coidadas e vizosas. Auga a cachón no seu regato...
O meu lugar tiña 26 casas habitadas hai menos de 20 anos. Hai 40, os rapaces podíamos facer un equipo de fútbol con todos os 11 xogadores, e se se apuntaban os mozos, aínda sobrabamos. As rapazas eran outras tantas case. Unicamente dous viven no lugar.
Agora quedan unicamente 13 casas con lume aceso a diario. Hai dous rapaces. Dúas mozas. Sete viúvas, a maioría vivindo soas. Somente en catro casas non son todos pensionistas. Sobreviven nove persoas maiores de oitenta anos...
A actividade agrícola redúcese a dúas explotacións gandeiras que están a menos dun cuarto da súa capacidade: 30 vacas cando o potencial do lugar podía superar ás 450 cabezas. Cada un, como pode, trata de coidar o seu morteiro.
Hai veciños en Taiwan, Madrid, Barcelona, Sevilla, Ourense, Lalín, Lugo, A Coruña, Vigo... e unha sangría constante cara a vila para estar preto do médico.
Este é o triste panorama que se agrava e agrava, xa non por anos, senón por meses.
Que facer?
Non estamos xa a falar dun problema económico. Nin dos dramas persoais dos maiores que viven sós e non teñen xente nova, nin sequera, no lugar que lle acuda nunha necesidade.
A portada do gran curral da casa dos meus avós sempre estivo aberta día e noite “para que se chega algún necesitado se poida acoller” (era o refuxio de moitos pobres de pedir hai anos). Agora, a miña tía Carmiña, que vivirá soa, de seguro a pechará con tranca como xa comezaron a facer en todas as outras moradas cando meten as pitas no poleiro. O medo é o peor lobo para as persoas que van perdendo poder e se senten soas. O medo e a soidade do inverno que lles tradea o maxín.
O grande problema non é que desaparece Riopedroso (persoalmente tamén o é), a grande traxedia e que desaparecen os alicerces da nosa nación, desangrándose nunha hemorraxia continuada que nos escambra tan anémicos que nos impide reaxir.
O tío Amador e o tío Edelmiro criticaban os seus conveciños que os precederon cos pés por diante; O Amador do Catelo, O Cubano, O Xastre..., “tan curiosos eles, que tendo tempo e tempo agora, permiten que medren os toxos e os fentos no novo camposanto sen facer nada”.
Chanceaban que, cando chegasen eles os dous, os poñerían a traballar de noite, que xa era hora de que a Compaña se deixase de andar somente de paseo e mesuñasen algo produtivo.
Hei ir a Riopedroso sempre que poida para ver se era unha brincadeira máis das deles ou se executan. Preguntareilles se seguen a defender, como me dixeron un día, que “a Terra tira tanto que, máis tarde ou máis cedo, as aldeas volveranse a encher de xente. Non só os que nacestes aquí, senón os vosos fillos e netos teñen aquí as raiceiras máis fondas que os toxos e os fentos”.
Haberá alguén en Riopedroso agardando por min cando eu poida instalarme de novo alí?
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

El rural se vacía

Mensagempor silvine » segunda, 10 mai 2010, 03:55


fotovilela
Mensagens: 14
Registado: terça, 26 jan 2010, 18:51

El rural se vacía

Mensagempor fotovilela » terça, 11 mai 2010, 07:50


fotovilela
Mensagens: 14
Registado: terça, 26 jan 2010, 18:51

El rural se vacía

Mensagempor fotovilela » quarta, 12 mai 2010, 07:53

Rueda abre a porta á fusión dos concellos en Galicia
conselleiro de Presidencia, asegurou onte que “é preciso repensar e debater publicamente a estrutura e organización da Administración local” e lembrou que o modelo actual “ten unha estrutura que foi deseñada hai dous séculos”, polo que avogou por “reflexionar sobre ela, coñecendo modelos comparados e suxerindo reformas”.
Na clausura das Xornadas Internacionais sobre Estrutura e Organización territorial da Administración Local, o titular de Presidencia deixou claro que as reformas virán“do convencemento das propias administracións locais” e que é necesario que os concellos ensaien fórmulas de relación. “Sexa a través de fusións ou a través de novas estruturas de cooperación, os concellos galegos teñen que saír os uns ao encontro dos outros”.


Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes