Retorno ao campo

Axudas para retornados, experiencias, información de utilidade...
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Retorno ao campo

Mensagempor casdeiro » domingo, 02 mar 2008, 23:37

Quería saber se algún de vós tivo a experiencia de retornar a Galiza e pasar de vivir na cidade ao campo. Temos un grave problema de despoboamento no rural e eu penso que os retornados (mesmo trasxeracionais como é o caso dos fillos e dos netos) somos unha opción moi interesante que debería ser potenciada pola administración galega. Xente nova que veña a traballar no rural é o que precisa este país, entre outras cousas.

Gustaríame saber que experiencias teñen outros membros de Fillos neste sentido. Que dificuldades atopan, que zonas do país lles parecen máis atractivas, ou cales elixiron, se optaron por restaurar casa ou edificar novas, que tipo de actividades realizan no rural, como ven isto como unha maneira de trocar a unha vida máis saudable e sustentable fóra das cidades, dentro dos movementos neo-ruralistas, de vida frugal (ou Downshifting), etc.

Un par de artigos meus relacionados:
- "O retorno dos fillos da emigración como solución á falta de man de obra no agro"
- "Downshifting: Reducción de la marcha en la carrera social"

rosamerchi
Mensagens: 53
Registado: domingo, 05 dez 2004, 00:00

Retorno ao campo

Mensagempor rosamerchi » quarta, 07 mai 2008, 03:17

Casdeiro, querido, moi ben colocado o tema mas parecemo um pouco utópico porque, do mesmo xeito que os nados na terriña non queren as labutas do campo por que son moi duras, penso que descendentes nados tampouco teñes ese traballo como obxetivo e mais ainda se as terras non son deles. A mim pareceme moi bonito hoxe con a idade que teño pero se tivese vinte ou trinta anos menos dudo que caise nese encanto! E falos dos descendentes porque os emigrantes da miña época vamos todos naiorciños.
biquiños amigo con agarimo
Rosa dende Brasil

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Retorno ao campo

Mensagempor casdeiro » quinta, 08 mai 2008, 17:08

RosaMerchi Escribeu:Casdeiro, querido, moi ben colocado o tema mas parecemo um pouco utópico porque, do mesmo xeito que os nados na terriña non queren as labutas do campo por que son moi duras, penso que descendentes nados tampouco teñes ese traballo como obxetivo e mais ainda se as terras non son deles. A mim pareceme moi bonito hoxe con a idade que teño pero se tivese vinte ou trinta anos menos dudo que caise nese encanto! E falos dos descendentes porque os emigrantes da miña época vamos todos naiorciños.
biquiños amigo con agarimo
Rosa dende Brasil

Utópico? Máis ben penso que non vai quedar outro remedio. O meu xa era unha opción persoal que me tiraba moito pero agora véxoo case como unha opción se mera supervivencia pola crise terrible que se adiviña á volta da esquina. Imos ter que espabilar e botar man dos nosos xens labregos e pregar para que uns decenios de vicios urbanitas non dexeneraran séculos de valiosa herdanza xenética labrega!!! :(

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Retorno ao campo

Mensagempor casdeiro » quarta, 16 jul 2008, 18:57

Esta mañá puiden ver case enteiro (en reposición) un documental da serie GALICIA DOCUMENTAL titulado "A aldea, o antigo e o novo" (Cap. 67) que me gustaría volver ver ou mesmo conservar. Desgraciadamente no web da TVG non o teñen dispoñible. Gustaríame saber se alguén o ten, se a serie se comercializa ou hai algunha maneira de o conseguir. Tampouco o atopei en buscadores de vídeo :-(

É moi interesante xa que fala de aldeas que van morrendo e de xente nova que se instala nelas para recuperalas e cambiar de vida.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Retorno ao campo

Mensagempor casdeiro » terça, 28 abr 2009, 16:11

Quero copiarvos varias noticias que están a aparecer ultimamente sobre o retorno ao campo que se está a producir por mor da Crise:

http://www.agalega.info/videos/?emi=699 ... canle=tvg1
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/ ... gal_11/Tes
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/ ... gal_10/Tes

Podedes seguir outras ligazóns sobre o tema en http://www.debulla.info/tags.php/retorno%20ao%20campo


Voltar para “O Retorno a Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante