Mensagempor zasmania » quinta, 15 mar 2007, 11:38
Repito novamente, que nada ten aver a gheada coas linguas celtas... os PRIMEIROS testemuños deste feito son por exemplo: Carta de Sobreira a Gomez de Ortega de 1794, localiza o feito nunha zona de Ribadavia e de Santiago, é dicir xa o século XVIII, ou os Prolojos de 1697, o Acouxo de 1760 ou a forma "baja" de finais do século XVIII mentres que os "aguares" de 1652, a "religuion" de 1699 e as "ogas de migo", o "pagal" e a "tega" de 1727, serían ultracorreccións e polo tanto, probas indirectas da existencia de gueada contidas en documentos redactados en castelán...
Hai máis...mais agora non me lembro...
O da presunta influencia dos centros de poder castelán-falantes spor cercanía á zona da gheada non ten fundamento ningún. A costa da morte é unha zona con gheada e seseo total
Aimposición do castelán coma lingua de poder comprendeu todo o territorio de fala galego, hoxe galego ou non, administrativamente español e, como tal lingua oficial, chegou a todas as vilas e aldeas, pois en todas elas o cura o utilizaba nas súas relacións polo menos formais cós fregueses, o mestre vehiculizaba o ensino, alí onde o houbese, en castelán se facían os documentos e certificados (nacemento, compra, aluguer...)de aí que se tentara imitar coma lingua de poder, e de aío se explica que teñamos probas de gheada en sitios coma nos Ancares de León, Terra chá, Monforte de Lemos aínda que recaera máis sobre as zonas máis poboadas e polo tanto máis castelanizadas (occidente coruñés...)
Ademais, na zona da costa da morte non hai en todas as vilas seseo total...hai parcial, noutras total, noutras implosivo só...
Mesmo os autores a favor da tese substratística (orixe preromana) ven un problema para defender a súa tese o feito de que non exista no portugues... eramos unha mesma lingua e non recibiron "contaminacións" coma nós...