Leyendas.

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Leyendas.

Mensagempor mariajuana » sexta, 09 fev 2007, 23:14

Enrique Rodríguez Álvarez desde Panamá, envió el siguiente mensaje, el día 21/09/2002, a la lista de Fillos-L:Os Aparecidos nos Camiños.
Lenda-conto que se conta na zona de Trasar de Carballo,
parroquia de San Esteban de Cartelos, concello
de Carballedo. E que fala dos aparecidos nos camiños
reais.Lenda recollida por Laura González González
de Santiago de Compostela.

Esto que vos vou contar
non creo que fique na história.
Contábano os antepasados
e quedoume na memoria.


Como acabo de dicir ¡ qué cousas escoitábamos!
con tanta atención que ata nos quedábamos
coa boca aberta para nos fixar máis.
Estoume referindo a persoas nacidas ata 1870
ou máis atrás.
Naqueles tempos cando non había outros medios
de comunicación, máis que uns camiños,
que se chamaban Camiños Reais ( chamábanselles Reais
porque por eles pasaba El-Rei cando viaxaba de un lado
para outro ), por onde se transportaba toda clase de
mercadorias que viñan desde Asturias, cruzando
todas estas terras ata Portugal, e pasando entre outros
sitios por Ourense. Todo en cabalerías,
ata nalgúns casos en carros tirados por xugos de bois
e tamén de vacas. Pero estes Camiños Reais tamén
teñen outra historia:
Había anacos moi lembrados; podemos citar algúns
como a devesa de San Cristovo, no concello
de Chantada; tamén as Lamas de Lobelle,
os chousos do Xeno e o Camiño dos Cancelos,
estes ultimos no concello de Carballedo (Lugo ).
Estes sitios citados son tramos longos entre unhas
aldeas e outras; e aquí vén o caso curioso:
neles aparecíanse cousas que poñían medo.
Non recordo o que aparecía na devesa
de San Cristovo, pero nas lamas de Lobelle
vían, pero sempre ó lonxe, unha muller
vestida de branco, que desaparecía en canto
se querían chegar a ela. No chouso do Xeno,
neste caso era un frade o pue se aparecía,
levaba un bonete encarnado e decían que
era unha alma en pena; no lugar chamado
o Camiño dos Cancelos tratábase
dun monstruo vestido todo con moitas luces
que decían que era unha señora,
pero nunca a vían ben porque había moita leña...

¡Como nos caía a baba escoitando os nosos
antepasados!
Unha forte aperta.
Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
dende as ribeiras da canle de Panamá
-Ourense

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Leyendas.

Mensagempor mariajuana » sexta, 09 fev 2007, 23:44

Santiago Iglesias Carballo desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje, el día 24/09/2002, a la lista de Fillos-L;Muy bueno...!
Tantos cuentos y leyendas le ha contado mi abuelo
a mi madre y ella nos los ha retransmitido!
Tantas vivencias, tanto sacrificio, tanta felicidad
en las fiestas ......
Espero que nos sigas enriqueciendo
con esto!.
Ahora soy yo quien luego de imprimirlos,
se los leo a mi madre! que se pone increíble
con lo que saco de esta máquina do demo!.....
Outra aperta.
Santiago Iglesias Carballo
As Nogais y Mondoñedo (LUGO)
Bos Aires.


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante