Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » terça, 24 mai 2005, 22:41

Xa sei que non é literatura, pero hoxe comecei a ler a Historia de Galicia de Ramón Villares. Hai moito tempo xa a empecei, pero collíraa da biblioteca e tiven que devolvela. Preferín mercala para non ter que ir ás présas.

E xa que estou, engadirei que quero ler un libro... (o meu aniversario é no mes vindeiro, xa sabedes, jajaja) ¿Coñecedes o "Diccionario dos seres míticos galegos"? De Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda. A min paréceme que é unha obra moi amena e completa, con moitísima información, ilustracións ben feitas, todo explicado cun estilo sinxelo e interesante... e que custa os seus bos 40 euros, unha mágoa.

¿Alguén máis se anima a comentar o que está lendo ou rematou de ler? Coido que é unha forma de recomendármosnos (non sei usar o infinitivo conxugado, seguramente trabuqueime) libros que doutra maneira non poderiamos coñecer, ¿non?
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » quinta, 09 jun 2005, 13:47

Como estes días teño os exames na universidade, finalmente deixei o libro de Villares para o verán (quero lelo con calma).

O que sí lin foi "O lapis do carpinteiro", de Manuel Rivas. ¿A miña opinión persoal? Tendo en conta que non son galega e que estou a aprende-la lingua, o libro é doado de entender. Os primeiros capítulos parecéronme un pouco confusos, saltaba dunha personaxe a outra e eu cos nomes son terrible. O tema principal, a historia de amor dos dous protagonistas (o doutor da Barca e a Marisa Mallo), está explicada dunha maneira moi sobria, sen sentimentalismos esaxerados, sen dramatizar, pero sen perde-lo romanticismo. Moi bonita pero sen ser "cursi". Lese rápidamente, porque é moi curta, 140 páxinas máis ou menos.

Recoméndoa, sobre todo agora, paréceme unha novela ideal para os que gustamos de ler na praia no verán.
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor esteirana » quinta, 09 jun 2005, 14:12

O ano pasado comprei "Trece Badaladas" de Suso de Toro en Galicia pero ainda non comecei a lela. A ver se este verán me poño :-)
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

beltram
Mensagens: 58
Registado: domingo, 19 dez 2004, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor beltram » sexta, 10 jun 2005, 12:05

O Suso de Toro é um moi bó escritor, do milhor que hai na Galiza e case que no estado espanhol. Eu tenho pendente rematar "Calzados Lola", que grande filme sairía de aí!. Outros dous que recomendo vivamente som "A Esmorga" do Blanco-Amor(pra min o milhor escritor que deu Galiza) e "A nosa cinsa" do Xavier Alcalá aínda que este pode que estea máis dirigido aos moços ah e por suposto calquera de Carlos Casares.
Última edição por beltram em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » sexta, 10 jun 2005, 18:02

Esteirana, ¡tes que ler Trece Badaladas! A min gustoume moitísimo (coincido con Beltram, Suso é un escritor moi bo). Ademais de Trece Badaladas, que lin dúas veces, teño lido Morgún e Tic-tac (recoméndoche tamén esta última), e como Beltram teño pendente Calzados Lola.

Enviei a miña opinión sobre Trece badaladas á web, na parte de recomendacións de libros: http://www.fillos.org/galicia/modules.p ... ex&bkid=51

"A miña novela favorita de Suso de Toro. Combínanse varias voces con destreza: a protagonista, unha muller nova á que lle suceden cousas "máxicas", un membro da confraría do Santo Sepulcro de Santiago e mesmo o demo... A mestura de mitoloxía e actualidade dota-la novela dun ambiente máxico, no que a cidade de Santiago de Compostela non é un espazo máis, senon case o protagonista. Só unha contraindicación: aos que estamos lonxe de Santiago énchenos de morriña e danos máis ganas de volver! Como podedes ver, apaixonoume."


¡Xa nos contarás o que che pareceu o libro! ;-)
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » sexta, 10 jun 2005, 18:10

Beltram, coido que terei que le-los libros que recomendas, porque non só coincidimos con "Trece badaladas", senón tamén ¡con Carlos Casares! Cómo me gustou "O sol do verán". Aínda non lin nada máis deste escritor, porque tiña medo que as outras novelas non me gustasen tanto, pero se as recomendas todas, ¡probarei!
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

beltram
Mensagens: 58
Registado: domingo, 19 dez 2004, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor beltram » sábado, 11 jun 2005, 11:14

Eu de ti começaria por "Vento Ferido" (Galaxia,1967), o seu primeiro livro de relatos. Hai um que lin quando tinha ums 13 anos e que fala do primeiro amor...incribel, poucas cousas me tenhen chegado tanto, mira que passaron anos...:-)
Última edição por beltram em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor esteirana » sábado, 11 jun 2005, 17:38

Ola Xana,

De Suso de Toro xa lín Tic-Tac e máis Non Volvas. Ultimamente teño a letura bastante abandoada pero cos ánimos e recomendacións que estades dando xa vou comezar axiña.
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » sábado, 11 jun 2005, 19:56

¿E que che pareceron os dous libros de Suso de Toro que liches? ¿Gustáronche?
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor esteirana » domingo, 12 jun 2005, 15:30

"Tic-Tac" é un verdadeiro crebacabezas, ou un labirinto no que parece que non vas atopar a saída ou non sabes como vai rematar. E unha obra en primeira persoa na que o protagonista narra historias ou cachos de historias que ve ou que lle pasan pola mente. Son historias que ainda que parezan insignificantes, son verdadeiras traxedias para quen as conta. Gustoume e impactoume bastante ainda que me deixou certa tristura ao rematar de lela, coma se o paso do tempo fora negativo... supoño que de aí ven o título Tic-tac do reloxio...

"Non volvas" conta a vida dunha muller que se vai da cidade onde vive e marcha a aldea das súas orixes, unha aldea á que sua nai lle tiña pedido que non volvese. Alí atópase con varias sorpresas referentes ao seu pasado e remexe nas súas orixes. A localización dos lugares, moi coñecidos para mín, fixeron que me metera máis na letura. Foi libro que lín moi rápido, case de golpe, porque a medida que lía sentía a curiosidade por saber que ía pasar, que misterios lle esperaban a protagonista. Unha obra que che invita a remexer nas túas propias orixes e quizais atopar misterios agochados.

Moi recomendables as dúas obras.
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante