Unha festa pola lingua

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Unha festa pola lingua

Mensagempor rubi » sexta, 28 mai 2010, 12:45

Os que o mamaron na casa. Os neofalantes. Os que din: pero eu non cho sei falar ben. Os que llelo falan aos seus fillos. Os que se arrepinten de non falárllelo. Os que se negan a dicir grazas....
Así comeza o manifesto de Belén Regueira no que explica a quen está dirixida esta III edición da Edición da Festa da Lingua. Será este venres,28 de maio, na casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) e promete ser unha unha celebración por todo o alto.
O evento contará con música, teatro e contos. Conducido por Belén Regueira, contará coa actuación de Espido, a unión de dous grandes personaxes da escena musical galega: Guadi Galego e Guillermo Fernández. A música continuará da man dos gañadores de A Polo Ghit 2009: A banda da Balbina. Tamén haberá tempo para a palabra: Talía Teatro porá en escena a súa peza Nin en soños de Sechu Sende, un monólogo interpretado por María Ordóñez. Celso Fernández Sanmartín achegará o seu Bicoca de boca en boca, unha compilación de contos e historias de tradición oral.
O acto conta co apoio da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña que fará entrega do premio Rosalía de Castro de Lingua aos responsábeis da web Blogaliza, iniciativa gañadora desta primeira edición do certame.
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Unha festa pola lingua

Mensagempor cachafeiro » sexta, 28 mai 2010, 15:43

Quen fala aí?
@s que o mamaron na casa. @s neofalantes. @s que din: pero eu non cho sei falar ben. @s que llelo falan aos seus fillos. @s que se arrepinten de non falárllelo. @s que se negan a dicir grazas. @s que apuntan en libretas as palabras que di a súa avoa. @s que viñeron de Erasmus e decidiron aprendelo. @s que buscan amante galego-falante. @s que xa o teñen. @s que teñen gheada. @s que teñen seseo. @s que colocan mal os pronomes. @s que non cambian de lingua nas tendas caras nin no médico. @s que aseguran que é o idioma no que pensan as vacas. @s que o usan no tuenti. Sue Ellen e Shin Chan. @s que preguntan: mamá, e nós por que falamos así? @s que cren que os seus tomates e a súa lingua son os mellores. @s realmente plurilingües. @s reintegracionistas. @s isolacionistas. @s que aprenderon a dicir guindastre vendo a Galega. @ únic@ que o fala no instituto. @s que fan as vogais abertas ou pechadas indiscriminadamente. @s que castrapean. @s que van ao Celga. @s que ligaron coa súa axuda. @s que o falan cando van á aldea. @s que o seguen falando no Parlamento. @s que cren que Son Goku fixo máis por el que moitos políticos. @s de letras. @s físic@s, @s químic@s e @s matemátic@s. @s que votan ao Bloque. @s que votan ao PSdG. @s que votan ao PP de Galicia. @s que votan a outr@s. @s que non votan. Falamos.
Belén Regueira

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Unha festa pola lingua

Mensagempor cachafeiro » sexta, 28 mai 2010, 15:45

Manifesto sobre a lingua (ou de como non estou para festas)
Quen hoxe lles fala, desconfía da efectividade dos manifestos a prol do galego (tamén deste,
por suposto); se cadra, porque moitas das autoridades que os aplauden cos seus traxes
de gala, cando remata a romaría, volven poñer as roupas decote: esas que favorecen o uso
prioritario do castelán como instrumento comunicativo da modernidade, pois o galego seica
nos limita.
Quen hoxe lles fala, desconfía tamén das consignas partidistas: dese círculo vicioso de sofismas
maniqueos que rematan coa paciencia dun santo.
Mais non pensen que este é un discurso equidistante: máis ben pretende ser un agasallo
para un fillo de catro anos, porque eu non quero negarlle a el o que a min me negaron. Tamén
na escola.
Non quero negarlle as mil primaveras de Álvaro Cunqueiro.
Non quero negarlle a modernidade de acceder a outros idiomas e culturas, mais sempre
desde a experiencia de sentir viva a nosa lingua na boca.
Non quero, en definitiva, negarlle o privilexio de ser un cidadán do seu tempo: conectado en
rede co resto do universo, mais coas raíces nas terras de Ortoño.
Por iso, e a pesar das treboadas políticas, quixera seguir a confiar no común da xente; neses
milleiros de persoas que, desde o amor e a liberdade, deciden que a mellor defensa da
lingua acontece nese lugar tan prosaico que denominamos día a día ou vida cotiá. Aí, nas
xornadas non festivas, é onde decidimos o destino do galego: ou peza de museo ou software
colectivo.
E o resto veñen sendo andrómenas, brillos fugaces que duran o que dura o fulgor do arco da
vella. Ouropel para tranquilizar a nosa mala conciencia de desertores do idioma.
Carlos Negro

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Unha festa pola lingua

Mensagempor rubi » sexta, 28 mai 2010, 17:57

Dixo Alvaro Cunqueiro:
Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis.
Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante