Un edil zamorano propón non subvencionar os nenos con nomes galegos, vascos ou c

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Un edil zamorano propón non subvencionar os nenos con nomes galegos, vascos ou c

Mensagempor rubi » segunda, 12 abr 2010, 13:31

A proposta só foi apoiada polo seu autor, que pretendía vincular as axudas á natalidade e adopción á castelanidade dos nomes das crianzas.
Un concelleiro do PSOE no municipio zamorano de Muelas del Pan propuxo que se lles retirasen as axudas locais ás familias que lles puxesen aos seus fillos e fillas nomes vascos, cataláns, galegos, anglosaxóns ou calquera outro e que esas subvencións se vinculasen ao fomento do castelanismo. Porén, a proposta de Fermín Faúndez Bollo colidiu co voto en contra do PP e dun dos seus compañeiros de partido, mentres que o outro socialista, membro da executiva provincial, optou pola abstención.
A proposta de Faúndez era modificar a ordenanza reguladora das prestacións económicas ao nacemento ou adopción para que só teñan dereito á mesma os nenos que teñan nomes casteláns. As axudas, que benefician as crianzas dos catro núcleos de poboación do concello, implantáronse na anterior lexislatura coa intención de fomentar a natalidade e o asentamento da poboación nova, segundo recolle La Opinión de Zamora.
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Un edil zamorano propón non subvencionar os nenos con nomes galegos, vascos ou c

Mensagempor rubi » segunda, 12 abr 2010, 13:40

En que mente enferma cabe semellante proposta?
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

Un edil zamorano propón non subvencionar os nenos con nomes galegos, vascos ou c

Mensagempor crisanto » quarta, 14 abr 2010, 08:16

Neste país hai moto fillo de mala nai, con perdón da súa santa nai pero esta personaxe non a merece. Algúns pensa que aínda estamos con Franco no poder. Quizais a culpa de todo isto teno a \"transición”, imposta polos mesmos que tiñan daquela a tixola polo rabo, cando pasamos de unha ditadura a unha democracia sen pedir as explicacións precisas e facendo táboa rasa entre ditadores e demócratas. Así nos luce o pelo e estes ditadores agochados na democracia atrévense con isto e con outras cousas moito máis serias axudados por un partido como o PP que vive e medra moi ben entra as dúas augas da indefinición sobre a ditadura. As veces este estado que se me antolla máis franquista que antes e algúns xa no gardan nin as aparencias e fanse máis valentes ó ver como o mesmo Tribunal Supremo intenta xulgar a un xuíz como Garzón, e non é santo da miña devoción, por querer sacar á luz aos crimes do franquismo.
Volvendo ó referido concelleiro, que pensa do seu nome (Fermín) de orixe navarro, estará todo ofendido cos seus pais por pórlle semellante nome tan pouca castelán.


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante