sera que vendo ao gando sufrir acórdase de cando facía sufrir a humanos

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

sera que vendo ao gando sufrir acórdase de cando facía sufrir a humanos

Mensagempor cachafeiro » domingo, 07 mar 2010, 23:38

Malos tratos animais
Fraga desmárcase da posición protaurina do PP
07/03/2010 - Galiciaé
O presidente fundador do Partido Popular, Manuel Fraga, desmarcouse da posición protaurina defendida desde as filas da formación conservadora. \"A título persoal\", o octoxenario político dixo que sempre estará á beira \"dos que simpatizan co gando que sofre\".
Aínda que Fraga asegurou que non quere tomar partido na polémica sobre a posible prohibición das corridas en Catalunya --que o seu partido aproveitou para converter a festa nun intocable BIC (Ben de Interese Cultural) primeiro en Madrid e despois en Murcia e a Comunidade Valenciana-- o de Vilalba recordou que a súa avoa \"que acudiu un día a unha corrida\", volveu á casa convencida de que non se podía tratar ao gando \"desa forma\".
http://elprogreso.galiciae.com/nova/49800.html

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes