Falece o histórico nacionalista Antón Moreda

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Falece o histórico nacionalista Antón Moreda

Mensagempor pilarmabel » sexta, 05 fev 2010, 00:43

Das mocidades galeguistas
Antón Moreda, unha figura no nacionalismo galego que regresou desde Arxentina a Galicia nos anos 60, finou aos 76 anos de idade. Moreda contribuiu a organizar a mocidade tanto no exilio como no país na procura dunha organización política que dese continuidade ao nacionalismo político dos galeguistas da República
O dirixente nacionalista será enterrado mañá en San Cosme de Barreiros ás 16h00. Nado en San Miguel de Reinante (Barreiros), no 1934, embarca en 1950 con só 16 anos para a Arxentina, entrando en contacto no Centro Galego de Buenos Aires cos núcleos nacionalistas que, articulados ao redor da Irmandade Galega, trataban de preservar a obra e o pensamento de Castelao.
Fórmase e entra en contacto alén do mar con persoas como Alonso Ríos, Luís Seoane, Ricardo Flores, Suárez Picallo, Manuel Puente, Bieito Cupeiro e Moisés Dapresa. En agosto de 1953 participa na fundación das Mocedades Galeguistas de Arxentina, que ao longo de 4 anos desenvolveron unha inxente actividade no seo da comunidade emigrada, entre as que destacaron o xornal Adiante, dirixido por Neira Vilas. Asiste ao I Congreso Galego da Emigración celebrado en 1956, onde traba amizade con Elixio Rodríguez, Carlos Velo, Emilio Pita, Álvarez Gallego e Xosé Velo.
Operación Pomba Mensaxeira
De volta en Galiza, ao redor do 1960, entra a traballar como axente comercial da Editorial Galaxia, aproveitando a actividade para contactar con novos galeguistas organizados arredor das asociacións culturais e co grupo Brais Pinto. Foi fundador e Secretario Xeral do Consello da Mocedade, punto de arranque das organizacións nacionalistas contemporáneas destinado a pór en contacto os partidarios do galeguismo político para a adopción dunha estratexia política e a conseguinte constitución dun partido nacionalista galego. Este consello tivo como resultado a \"Operación Pomba Mensaxeira\" dirixida por Antón Moreda e destinada a organizar politicamente o nacionalismo en Galiza para liderar a oposición antifranquista.
O BNG emitiu un comunicado no que se solidariza cos familiares e achegados “dun deses bons e xenerosos que deron o mellor de si para construír unha nación galega máis libre e máis socialmente xusta”.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Falece o histórico nacionalista Antón Moreda

Mensagempor pilarmabel » sexta, 05 fev 2010, 00:45


axav
Mensagens: 12
Registado: sexta, 05 jan 2007, 19:52

Falece o histórico nacionalista Antón Moreda

Mensagempor axav » domingo, 07 fev 2010, 22:48


cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Falece o histórico nacionalista Antón Moreda

Mensagempor cachafeiro » segunda, 08 fev 2010, 01:45



Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante