O Camiño de Santiago periga

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O Camiño de Santiago periga

Mensagempor pilarmabel » sexta, 09 out 2009, 10:08

Denuncia do Fondo Mundial de Monumentos
O Camiño de Santiago periga
O WMF (Fondo Mundial de Monumentos) advirte do perigo que corre o Camiño de Santiago por mor da construción dunha autoestrada. Esta fundación vén de facer pública a súa lista de monumentos en perigo parar 2010 na que tamén se inclúen a Sagrada Familia, o casco antigo de Toledo e os restos arqueolóxicos de Numancia.
O Fondo Mundial para os Monumentos, que fai este listado bianual dende 1996, incluíu na lista de 2010, 93 enclaves situados en 47 países, dos que 38 son de América, 26 de Europa, 18 de Asia e 11 de África e Oriente Medio.
Nese documento inclúese o Camiño de Santiago. Segundo esta fundación a construción dunha autoestrada aféctalle a varios tramos da ruta Xacobea, e xa supuxo a destrución de cinco quilómetros da mesa na altura de Santo Domingo da Calzada (A Rioxa).
Ademais do Camiño nesta listaxe tamén están a Sagrada Familia de Barcelona, os restos arqueolóxicos de Numancia, en Soria, e o casco antigo de Toledo.
Fuente: http://www.anosaterra.org
Un Saludo
Pilar

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante