Falece Daniel Cortezón

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Falece Daniel Cortezón

Mensagempor pilarmabel » terça, 06 out 2009, 23:55

O dramaturgo galego Daniel Cortezón, nado en Ribadeo, faleceu o domingo aos 82 anos de idade no Hospital Xeral de Lugo, onde se atopaba ingresado dende había algunhas semanas afectado dunha enfermidade
O escritor galego atopábase ingresado no hospital dende había algunhas semanas a causa dunha enfermidade e empeorara nos últimos días. Finalmente, faleceu na tarde do domingo.
Nado no 1927 na localidade de Ribadeo, Daniel Cortezón –de formación totalmente autodidacta –pertencía á chamada “primeira xeración” dos dramaturgos de posguerra e a súa produción inclúe tamén obras de narrativa, ensaio, artigos e traducións.
Entre as obras teatrais de Cortezón destacan Xelmirez ou a gloria de Compostela, A diáspora, sobre a emigración, ou as históricas Crónica do rei don Pedro e Crónica de Enrique IV\' Así mesmo, realizou novelas como A vila sulagada, coa que gañou a primeira edición do Premio Blanco Amor.
En ensaio, foi autor das obras O esprito de Galiza, Castelao ou a paixón de Galiza e Dionisio Gamallo Fierros, Varón de Porcillán, ademais de numerosos artigos en revistas como Rumbo ou Estudios.
Tras residir en Madrid, onde estivo en contacto cos intelectuais galegos na cidade, regresou de novo a Ribadeo e a Vigo, as dúas cidades onde residiu por períodos nos últimos anos da súa vida.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar

Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante