O CRUCEIRO: Unha oracion feita pedra...

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

O CRUCEIRO: Unha oracion feita pedra...

Mensagempor sbaezagarr » terça, 16 dez 2008, 05:13

Mónica Suárez Groba desde Buenos Aires, envió este mensaje el día 03/11/01 a la lista Fillos-L:O Cruceiro: Unha oración feita pedra...(Primeira parte)

Os cruceiros están considerados como unha das manifestacións máis xenuinas da arquitectura popular galega, e a súa orixe remóntase segundo algúns autores á época prehistorica, en lugares nos que existían menhires, e que logo coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa existencia pero baixo formas cristianizadas.

Aseméllanse, pero o certo é que non é doado encontrar un igual. A súa presencia nos camiños e lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.

Os cruceiros son cruces de pedra que se colocan en lugares como son os cruces de camiños, adros de igrexas, ermidas, ou incluso en entradas a cemiterios, sempre en relación con lugares de culto.
Tamén se fala algunhas veces de cruceiros ao se referir ás cruces do viacrucis.

Estas cruces adoitan alzarse sobre unha plataforma con peldaños que é comun en Galicia e Irlanda, se ben na nosa comunidade autonoma tamén existen exemplares de cruceiros sen peldaños.

Están tamén situados nas encrucilladas de camiños, e en espacios vencellados con crenzas pagás posteriormente cristianizadas cos propios cruceiros como os lugares máxicos de curación, de reunión de ánimas, bruxas, etc. Deste xeito estes elementos adquiren un caracter simbólico sagrado, normalmente coa función de proteccion. Outras localizacións comuns son os lugares onde ocorreu algunha morte.

A presencia destes elementos é normalmente de orixe devocional, aínda que non faltan tampouco os motivos rogativos, de loubanza ou de ofrenda como causas da súa construción. Normalmente esta financiada por algunha persoa que pretendía gañarse a súa indulxencia ou a da súa parroquia para con Deus; ofrece-la súa construción como voto para pedir a curacion dunha enfermidade ou protección ante unha situacion perigosa. Con a mesma finalidade (protección) se levanta un cruceiro nun campo de feira (para protexer o gando) ou tamén nun lugar onde houbo un acontecemento violento, un crime, para evitar que a alma errante das vítimas chegue a danar os viandantes.

O cruceiro é polo tanto un obxecto sagrado, e o lugar onde esta emprazado, un espacio tamén sagrado. Se partimos desta concepción non nos poden estrañar as prácticas e costumes diversas que a el se vencellan, coma as ofrendas en peticion dalgunha gracia ou coma testemuña de agradecemento por algún favor recibo, paradas de enterros ou procesións...

E coma consecuencia destes factores o cruceiro é obxecto de devoción e respecto, e non só un monumento que sinala o límite de parroquias ou concellos. Cada parroquia, cada pobo ten o seu propio cruceiro, ao que os veciños se senten moi unidos. Ese cruceiro foi posto alí para cumprir unha misión nun contexto determinado, e se se o priva do seu ámbito natural queda mutilado, perde o seu valor etnoloxico.
Poderemos admirar o seu valor artistico, pero ese cruceiro nunca poderá ser comprendido na súa totalidade.

"Canta a pedra, durmida e acochada,
da terra nai no garimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento,
frorece nun varal, estendo os brazos,
e póndose de pé faise cruceiro"


(Ramón Cabanillas)

Un bico grande para todos, dende Bos Aires
Mónica Beatriz Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O CRUCEIRO: Unha oracion feita pedra...

Mensagempor cachafeiro » terça, 16 dez 2008, 23:11

Como dicía Castelao: "O cruceiro galego... sirve para santificar camiños e encrucilladas, guiar peregrinos e sérvelles de acomodo para repouso e oración, anunciar ós romeiros a proximidade dos santuarios, testemuñar as promesas, indicar sepulturas en descampado ou mortes violentas, rememorar feitos históricos e lexendarios, impetrar de Deus o fin dalgunha calamidade pública, demandar ou agradecer algún favor do ceo, deslindar o termo das cidades, vilas, feligresías e outras xurisdiccións, protexer os campos de feira e salvar de feiticeirías ó gando, satisfacer penitencias reparadoras de certos pecados, gardar de todo influxo demoníaco os casais labregos ...Os cruceiros son algo máis do que os nosos ollos ven neles .


Moitas grazas Sandra polo teu incansable traballo de arquivo, pois neles transmites a nosa identidade.
E que maior identidade galega que os Cruceiros.
Aqui en Bos Aires, no parque Lezama, temos un cruceiro de pedra doado por galicia.
Unha grande aperta amiga.



Alexandra Cachafeiro Camiña

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

O CRUCEIRO: Unha oracion feita pedra...

Mensagempor sbaezagarr » quarta, 17 dez 2008, 03:39

¡Gracias Alexandra por tus palabras!

Este trabajo de rescatar del archivo aquellos mensajes enviados por incansables colaboradores de Fillos hace ya unos años, es realmente una gran oportunidad de aprender más sobre nuestra cultura y todo lo que nos identifica y se hace con todo el cariño que sentimos por Galicia y por quienes nos dieron este ser galego.

Es sólo una pequeña contribución a nuestro lugar de encuentro, para que quienes diariamente se incorporan a el, tengan también la posibilidad de conocer sobre lo que nos caracteriza, dándonos esa identidad gallega que mencionas.

Publicaré la segunda parte del mensaje, que entrega más detalles sobre nosos Cruceiros....espero que tú y muchos disfruten la lectura.

Apertas,
Sandra

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

O CRUCEIRO: Unha oracion feita pedra...

Mensagempor sbaezagarr » sexta, 21 mai 2010, 06:14

Mónica Suárez Groba desde Buenos Aires, envió este mensaje el día 04/11/01 a la lista Fillos-L:
O Cruceiro: Unha oración feita pedra...(Segunda parte)
A xenese e a simboloxia dos cruceiros
Refirese nun dos seus escritos Vicente Risco (1) , indicando que hai cruceiros en cruces de camiños, (antigos trivios) substituindo, se cadra, antigos altares ou monumentos pagáns adicados os Lares Viales ou as divinidades indixenas que os precederon, hai os que son cruces “termino” (nos lindeiros das freguesias ou de antigos coutos), lembrando a antiga consagracion das fronteiras; hai os que marcan as estacións do “via crucis”, hai os que recordan unha morte, ou feitos traxicos como fusilamentos en tempos de guerras civis ou doutras. Este costume segue aínda hoxe, somentes que as cruces que se poñen soen ser de ferro ou madeira.
Tamén alude Risco o feito de que en moitos cruceiros aparece unha inscrición na que se recolle o nome da persoa que o mandou construir, pero o máis habitual é que apareza soamente a data.
En canto a antiguedade dos cruceiros, Vicente Risco indica que os cruceiros máis antigos en Galicia son do século XIV, máis os de arte realmente popular son os barrocos, do século XVII deica hoxe.
Estes cruceiros polo regular todos se asemellan e todos se diferencian, non habendo dous iguais. Teñen estilos diferentes, pero o máis comun é que representen unha crucifixion, Cristo crucificado e soidade; mentres que no reverso a aparece a figura da Virxe. Estas figuras esculpidas no cruceiro transmiten o sentido da dobre natureza de Cristo, a divina e a humana, a traves da maternidade da Virxe, do sufrimento na cruz e da súa morte.
As figuras simbólicas principais que se poden encontrar nos cruceiros son a caveira, moitas con dous osos cruzados, que se soen poñer os pés dos Cristos; a lúa os pés da Nosa Señora, os anxos nos capiteis ou nos pés das imaxes; e a figuracion do Pecado Orixinal. Esta moitas veces reducese a unha caveira, representacion do home, e unha serpe ou unha pintiga representando o pecado que se poñen os pés do Cristo, ou no varal, ou ben no basamento.
O que se pode considerar como elemento esencial destas construccións é a cruz, coa imaxe da crucifixon do anverso e a da Virxe (Piedade, Dolorosa...) no reverso.
Os cruceiros son unha das mostras máis ricas da arquitectura popular galega, nas que a pedra foi traballada para abrir unha xanela a relixiosidade e a historia.
Castelao dixo:
\"Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oracion de pedra que fixo baixar un perdon do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo.
Tedes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade.
A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Pieda dos escultores, é a Piedade creada polos canteiros.
Os nosos canteiros deixandose levar polo sentimento, non podian imaxinar un home no colo da nai.
Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos nos colos das nosas nais.
Reparade nos nosos cruceiros e descubriredes moitos tesouros\"
(1) Vicente Risco. Etnografia. Historia de Galiza. Dirixida por Ramon Otero Pedrayo. (Akal Editor, 1979).
(2) Alfonso R. Castelao. Cousas. (Editorial Galaxia, 1998)
Un bico grande para todos, dende Bos Aires
Mónica Beatriz Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O CRUCEIRO: Unha oracion feita pedra...

Mensagempor bershky » sexta, 06 ago 2010, 17:18

  
O CRUCEIRO
O xesto monacal da pedra
benzoa o acougo da aldea...
Axiònllanse os camiños
abrazados ò crucerio,
nunha azul eternidade
de pedra e ceo.
A agonìa do solpor
conmove o planto da terra,
e a paisaxe presìgnase
con santas cruces de pedra.
A campaìña de prata
do dìa,
latexa un \"angelus\"
de epifanìa.
E o sol agoniante
ven a encravarse na cruz,
abrindo os marelos brazos
como o salvador Xesùs.
Luis Amado Carballo. Nado en Pontevedra en 1901 e finado na mesma cidade en 1927. Fundador do hilozoìsmo (movemento poètico propio da vangarda galega).


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante