Vocabulario tradicional galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor galiciaprasempre » domingo, 22 jun 2008, 17:17

Ola!! podédesme axudar?? Estou tentando aprender e coñecer vocabulario galego tradicional falado nos pobos..xusto o vocabulario contrario ó que impón a Xunta que me parece altamente castelanizado. Se sabedes palabras que se usasen nos vosos pobos, cidades etc gustaríame coñecelo, porque é o que realmente me gusta, do que estou namorada.Se atopo algún ou me lembro dalgún xa o porei aquí tamén

Biquiños a todos!!

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor xestor » segunda, 23 jun 2008, 08:42

Pois nós entre os libros cos que contamos en Fillos témosche ben de referencias de onde sacar vocabulario tradicional (todo o é, dunha maneira ou outra, non si?) pero o que non temos é tempo nin traballadores nin voluntarios para publicalo aquí :-(

Ogallá deamos resolto ese atranco para poder compartilo convosco. Namentres aconséllote que te deas unha volta por e olles para a nosa enciclopedia, onde quizáis atopes algo semellante.

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor galiciaprasempre » segunda, 23 jun 2008, 17:42

Graciñas por mo dicires!! Non o sabía!! Eu estou tan namorada dos tantísimos termos que existen en galego, dependedo dos lugares para nomear unha mesma cousa...de feito, meu pai avisoume que na miña barriada vive unha rapaza que está a traballar e a recoller diferente terminoloxía galega e ma vai presentar!!!!

Saúdos!!!

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor galiciaprasempre » segunda, 23 jun 2008, 17:49

por certo!! Sabedes como se emprega o termo "xalundres"?? Sei o que significa, pero como se emprega nunha frase?? Teño esa dúbida!! Moitas graciñas!!

Saúdos a todos!!

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor galiciaprasempre » segunda, 23 jun 2008, 18:08

Agora mesmiño lembreime dun termo que emprega moito o meu avó (que vive en Caldas de Reis) para se referir ó óso dunha froita. De feito, meu pai cando era pequeno sempre a empregaba e a xente de alí tamén...así, miña familia sempre distinguiu entre "caguñas" e "pibide".Caguñas úsanna os meus avós, tíos, e máis eu para nomear os ósos grandes e redondos dalgunhas foritas como por exemplo as ameixas, as cereixas, os pexegos...por outra banda empregamos o termo "pibide" para indicar aquelas sementes aplanadas e pequenas de froitas como o melón, sandía, mazá, peras etc. Na normativa da RAG (Real Academia Galega) pibide corresponde a "pebida".Polo que vin e oín ás caguñas tamén se lles pode chamar "carabuñas" carambullas,croias, coias,caroas e tamén pedras!!

Algunhas persoas chámanlle ós testículos "carabuñas", e polo qe vin pebida tamén fai referencia a unha enfermidade qe collen as aves de curral.

xosenri
Mensagens: 31
Registado: quinta, 24 jan 2008, 22:44

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor xosenri » terça, 24 jun 2008, 16:59

Galiciaprasempre Escribeu:por certo!! Sabedes como se emprega o termo "xalundres"?? Sei o que significa, pero como se emprega nunha frase?? Teño esa dúbida!! Moitas graciñas!!

Saúdos a todos!! Pois eis unha palabra que eche hoxe afrancesada en Portugués " Alhures" mentres cos galegos dalgun xeito manteñen a enxebre, amolei cando vin que o Diccionario Bilingue da Universidade de Vigo, que moitos cartos levou do orzamento ignorouna somewhere= Algures/ Elsewhere= Xalundes . Pois tanto medo que teñen alguns cando ouven algunha vella palabra e din que non é galega e acaban usando a castrapa, temos aqui un agasallo que faz o Galego á Lusofonía. Eu poño as palabras no atopadoiro Google, e vexo canto e como estan sendo usadas, a última pescuda foi saber cantos galegos asubian ainda cos beizos pechados na vez de cos labios cerrados, en ambalas normativas RAG e AGAL, moitas e noxentas sorpresas, e tamén moitas alegrias

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor galiciaprasempre » terça, 24 jun 2008, 18:44

Moitas gracias pola información!!!!

chono2008
Mensagens: 25
Registado: sábado, 16 jun 2007, 10:04

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor chono2008 » quinta, 28 ago 2008, 18:43

A cauña e oso de fora e a pivida e o mole de dentro.

chono2008
Mensagens: 25
Registado: sábado, 16 jun 2007, 10:04

Vocabulario tradicional galego

Mensagempor chono2008 » quinta, 28 ago 2008, 18:48

Touliña=Dofiño
Aveleiña=mariposa
Martavela=molinete
Ouca=alga
Prebe=salsa de mollar
Mol=blando
Bixato=gavilan
..... Carel, Branque, mogaro, chicaro, cosco,berzo, asiña, onte, entonte, espirse, acesa, axouxera.......


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante