Amnesia da nosa identidade histórica.

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "".
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor cachafeiro » sexta, 28 ago 2009, 17:30

Anselmo L. Carreira:

?Galicia floreceu grazas a ter un reino propio?

Historiador, investigador especializado e escritor, abriu onte as X Xornadas de Historia.
Este vigués, experto investigador sobre historia medieval galega, inaugurou as xornadas partindo do que denomina un paradoxo entre o que foi o Reino de Galicia, que logrou grandes cotas culturais, sociais, económicas e políticas, e o que transcendeu posteriormente deste período histórico.



Existe un gran descoñecemento da Galicia medieval. A que é debido?

En plena Idade Media, Galicia acada unhas elevadisimas cotas culturais, sociais e políticas coa Era Compostelá, o pontificado de Xelmírez, o Románico, a literatura latina, os cancioneiros galego-portugueses? que sen embargo apenas transcenderon ao deixar a Galicia como un territorio político marxinal, primeiro polo Reino de Asturias e logo polo de Castela e León e os posteriores Estados españolistas que pasan por alto todo a alleo a súa propia historia e imaxe histórica, obviando a Galicia, cuxo Reino é eliminado pola historia oficial de España. O florecemento da Galicia medieval débese á súa propia forza e expansión, pero tamén á existencia dun reino galego que a historiografía predominante silenciou sistematicamente, substituíndo a súa predominancia histórica por outras de carácter político ou ideolóxico.



Entón o apoio institucional que lle da a cultura e ao idioma poden facelo rexurdir ou desaparecer?

Tan só atendendo ao arte románico galego demóstrase o gran florecemento cultural que existía en Galicia na Idade Media, por non falar da literatura e o idioma galego, cuxa situación actual contrasta enormemente coa de entón, cando era unha lingua normalizada, regrada, rica e amplamente utilizada. Hoxe está nunha situación crítica na que o seu futuro mostra ademais toda unha serie de dúbidas e temores.



Estaría Galicia marxinada tendo en conta as políticas lingüísticas e culturais actuais?

A situación política e cultural actual non favorece para nada o seu progreso, porque parece que o pobo galego pasa por unha situación de desencontro coa súa propia historia e personalidade. A propia existencia e recoñecemento da nacionalidade galega entra nunha fase de amnesia e desde o mesmo momento que termina o bipartito entramos nunha situación de suicidio cultural, da que non se sabe cando poderemos saír.



Tamén desde o punto de vista do ensino nos seus distintos niveis?

Moitísimo, pois hai que ter en conta que a historia de Galicia é unha materia que apenas existe no ensino. Durante moito tempo nin sequera estivo na Universidade e só tivo unha presenza de xeito marxinal no ensino medio. Desta forma é lóxico que cheguemos a unha absoluta amnesia da nosa identidade histórica.

http://www.xornal.com/artigo/2009/08/25 ... 41311.html


Alexandra Cachafeiro Camiña

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor anavilat » sexta, 28 ago 2009, 17:53

Non é amnesia da nosa identidade histórica é que a historia só a escriben os vencedores... así estamos!!!!
Mil bicos.

http://www.fillos.org/galicia/modules.p ... le&sid=412

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor gallaecia » segunda, 31 ago 2009, 12:29

A historia de Galiza é incluso anterior ós románs, posíbelmente antes de 4000 A.C.
cando poboacións celtas chegaron a zona norte da península, malchamada Ibérica, e dende entón floreceu unha cultura que desapareceu por dous razón basicamente 1º porque non deixou documentos escritos e 2º porque non interesou coa creazón da España no século 15 da nacionalidades anteriores.
saudos, Gallaecia

esprutogalego
Mensagens: 5
Registado: sexta, 14 ago 2009, 22:40

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor esprutogalego » terça, 01 set 2009, 18:32

Yo tampoco no entendía bien porque no conseguía documentación sobre la historia gallega y me has dado elementos de repuestas, gracias.

Ahora sí, la nueva generación de gallegos que sigue en Galicia (la generación que nació después del franquismo) es muy "galleguista". Demasiado para mi gusto, pero bueno, no es el debate. Me explico, cada año, los jóvenes gallegos muestran cada vez más interés por su identidad y su idioma. Tengo primos muy jóvenes que ni siquira quieren hablar castellano con los turistas, por ejemplo (eso me parece una barbaridad). Cada año, hay más acontecimientos relativos a la edad media (fiestas medievales, conferencias...al contrario, eso me parece estupendo).

Pienso que esa nueva generación sabe que las instituciones quisieron matar su identidad y su historia. Por eso ahora lo hace todo para volver a encontrar sus tradiciones y su idioma. Necesitamos tiempo para reunir informaciones y recomponer la historia de nuestros antepasados pero lo conseguiremos. Espero que algún día comprendamos mejos nuetras tradiciones tan bonitas y llenas de misterio.

Gracias por haber pusto este tema tan interesante sobre la mesa.

Saludos de Verónica

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor anavilat » terça, 01 set 2009, 18:54

Eu preguntome.... en Inglaterra cambian o español cando ven que non entendes? En China cambian o español cando ven que non entendes?.... Pois ven sendo máis ou menos o mesmo, digo eu. E eu que vivo aquí para nada vexo unha xuventude demasiado galeguista, nin comprometida coa nosa Patria, Lingua e Cultura, non che digo que non os haxa, pero son os menos, como fomos sempre... as ovellas negras, os que estan mal mirados, os que según cheguei a ler non queremos avanzar.....
Bicos.

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor rubi » terça, 01 set 2009, 19:47

E se non son os xóvenes quen loitan por defender a súa identidade, a súa lingua, a súa cultura, entón, quen?
Ao longo da historia da humanidade sempre foron os xóvenes idealistas, os rebeldes, as chamadas "ovellas negras" como di Anavilat, os que fixeron as grandes revolucións que cambiaron o mundo.
Oxalá que sigan existindo sempre !!!

Un saúdo....

Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor cachafeiro » quarta, 02 set 2009, 03:35

Eu ben sei que este non é o lugar adecuado, e que non estou seguindo o fío do debate.
Pero se non digo isto, xuro que morro :

!!!!!!Felicidades Rubi pola túa primeira mensaxe en galego!!!!!!


X-D X-D X-D


Alexandra

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor gallaecia » quinta, 03 set 2009, 13:43

Ás vagadas parece que falar galego é un delito. Eu son de A Coruña, unha cidade onde polo menos o 80-90% e castelán falante. A min xamais chamáronme a atención por falar castelán, todo o contrario co galego. Hai moita xente que che mira de reollo como dicindo: "mira o pailán este", cando eu ben sei que en todo caso serán eles e non eu, por unha razón moi básica: A miña lingua é a dos meus ancestros, a anterior a unha imposta por política e por facer desaparecer unha cultura... mais aínda non o conseguiron...
saudos Gallaecia

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor crisanto » sexta, 04 set 2009, 09:57

Fago como Alexandra aínda que este non sexa o fio, Alédome moitiíimo e dou meu paraben a Rubí por esta súa primeira mensaxe en galego. Vexo que non caiu en saco roto o noso esforzo, verdade Alexandra? É unha alumna moi aventaxada.
Saúdos e un bico as dúas (para Ana e para Veronica se mo acepta tamén para que non teñan envexa, ) e para os homes unha forte aperta

esprutogalego
Mensagens: 5
Registado: sexta, 14 ago 2009, 22:40

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor esprutogalego » sexta, 04 set 2009, 10:44

Aceptado con gusto Crisanto!


Siento no escribir en gallego mis mensages pero le tengo demasiado respeto al idioma de mis padres y abuelos para masacralo!

Puede que un día me atreva pero de momento, no me siento capaz. Lo entiendo bastante bién, leerlo me resulta más difícil. Seguro que al leer cada día vuestros mensages, voy a progresar.

Saludos a todos
Verónica


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante