'Non morreron, asasináronos por un ideal'

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "Historias da nosa emigración".
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

'Non morreron, asasináronos por un ideal'

Mensagempor cachafeiro » quinta, 16 abr 2009, 23:11

O SILENCIO RACHA AO PÉ DUNHA FOSA DO 36
'Non morreron, asasináronos por un ideal'
Manuel Vilas . Os franquistas fusilaron a nove militantes de sindicatos o 16 de outubro de 1936 en Baiona. Esta semana un equipo do Instituto de Estudos Miñoranos está a escavar a foxa común na que os enterraron aos inocentes da 'Volta dos Nove'.

16.04.2009

Exhumación da 'Fosa dos Nove' en Baiona. Bocixa/R. Rei/ M.V.

Foi pena que isto non se fixera isto un pouco antes para que houbera un pouco de castigo á xente que mataba por nada? láiase Modesto Fernández, fillo dun dos fusilados ao pé da foxa no cemiterio de Baiona.

Falanxistas e Guardia Civil 'pasearon' aos traballadores en represalia pola morte dun 'camisa azul', morto días antes durante a caza de dous líderes da CNT, Xosé e Luís López, uns irmáns coñecidos como 'Os Ineses'.

Mariñeiros de Panxón afiliados á CNT

Os nove sindicalistas fusilados despois estaban daquela presos nun frontón en Vigo. Metéronos nunha camioneta e executáronos a sangue frío nas aforas de Baiona, nun lugar hoxe coñecido como 'A Volta dos Nove'.

?Non morreron, asasináronos sen delito ningún e sen xuízo, morreron por un ideal? lembra Modesto Fernández, daquela un cativo de tres anos, ás cámaras de ANT TV mentres contempla emocionado a busca dos restos do seu pai.

?Se eles tivesen familiares, a ver o que facían?


Cando se lle pregunta polas críticas á reapertura das foxas da Guerra Civil, Modesto exclama ?eu quixera preguntarlle aos que non están de acordo, que se eles tiveran familiares a ver o que facían?.

El é fillo doutro Modesto Fernández mariñeiro de Panxón, coñecido co alcume de 'O Rei Chiquito', e activista da CNT en 1936. Canda el caeron tres homes do mar afiliados ao sindicato anarquista en Panxón: Manuel Aballe, Felicísimo Pérez e Generoso Valverde.

Elías Gonda, labrador da Ramallosa, Manuel Lijó, mairiñeiro de Corrubedo, Fidel Leyenda, mariñeiro de Baiona, José Rodríguez, mairiñeiro de Baiona e Manuel Barbosa, ferreiro de Panxón, completan a lista dos fusilados.

Documental de Caeiro

O cineasta Antonio Caeiro filmou un documental sobre o suceso, explica a web do Instituto de Estudos Miñoranos.

http://www.anosaterra.org/index.php?p=n ... nova=26869

non deixen de ver o vídeo que está dentro da páxina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

'Non morreron, asasináronos por un ideal'

Mensagempor cachafeiro » quinta, 16 abr 2009, 23:15

MOZOS E CATIVOS ACODEN Á EXHUMACIÓN
Nove cruces para desafiar un silencio que se desfai aos poucos

A matanza dos traballadores da Volta dos Nove foi tabú nas conversas do Val Miñor durante moitos anos. O medo propiciou lendas, como a explicación das nove cruces que aparecían, malia vixilancia da Guardia Civil, no lugar do crime, antes coñecido como a Curva da Bombardeira.

Así, os veciños comentaban que sobre as cruces non medra a herba ou cun dos sindicalistas sobrevivira e que era el quen retornaba e debuxaba as desafiantes cruces. O responsábel da escavación explica a realidade, máis prosaica. Foi unha das mulleres dos asasinados quen, desafiando ao poder, acudía unha vez e outra a debuxalas, explica Vilar.


?Había Franco, pero tamén había moitos franquistas?

Vilar insiste no carácter premeditado dos asasinatos. Fixérono ?conscientemente e con ordenes que viñan do Goberno de arriba de Franco e Mola, de descabezar aos gobernos civís, aos alcaldes, aos nacionalistas e aos sindicatos?.

Nora do 'O Rei Chiquito', Pilar González, tamén insiste na responsabilidade colectiva do crime. ?Había Franco, pero había moitos franquistas? e tamén lembra, mentres fai o saúdo fascista, que ?había que mirar os curas no tempo de Franco?.

González asegura que o seu familiar ?defendía aos mariñeiros pero non andaba nin con escopetas nin con nada?. Por iso considera o crime ?vergoñento? e pide xustiza para a súa sogra, que nunca puido cobrar a pensión de viúva.

O Cabo Pena, líder da represión


O responsábel da escavación os familiares coinciden na responsabilidade de ?Manuel González Pena, o cabo Pena?, un ?xefiño sanguinario? da Guardia Civil local, neste e noutros asasinatos similares no Val Miñor.

A exhumación rompe co silencio aos poucos

Arqueólogos e familiares falan libremente ao carón dos traballos de exhumación. Ao carón dos xúntanse veciños atraídos polas cámaras. Hai mozos adolescentes, vellos que eran nenos no 36 e mesmo rapazas que saen do colexio de primaria. Unha delas, demasiado baixa para ver por riba da lona que protexe aos primeiros osos atopados ?procedentes de enterramentos posteriores? rompe o silencio e pregunta ?que pasa?? a súa ?mamá?.

?Cousas de maiores? é a resposta.



Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante