Página 1 de 1

Tan só oito minutos para entender tanta atrocidade

Enviado: sábado, 17 jan 2009, 19:08
por cachafeiro
Son tan só 8 minutos do documental de ILLIADOS sobre os testemuños dalgúns presos da Illa de San Simón, Pontevedra, onde o meu pai pasou tres anos, os tres anos que durou a Guerra Civil.
No rostro deses vellos eu vexo o do meu pai.
Nos seus relatos, escoito a súa voz.

http://www.culturagalega.org/avg/extra_ ... extrs=1818


Alexandra Cachafeiro Camiña

Tan só oito minutos para entender tanta atrocidade

Enviado: domingo, 18 jan 2009, 11:36
por crisanto
Entender, que é o que se pode entender, eu non entendo nada, o único que entendo é que o odio e o rancor político fai barbaridades incribles que non teñen xustificación algunha. As barbaridades son sempre odiosas pero as que enfrontan irmáns con irmáns aínda mais. E que dicir do cura que aínda se recreaba na morte desa xente e chuzáballes co paraugas para máis sufrimento; parece que, como dicía, o único lle importaba era que foran a misa. Este bendito crego non tiña outras cousas que lle preocuparan máis. ¿Onde estaba a Igrexa, e a caridade cristián, onde o pedir perdón por estas e outras atrocidades?

Fernando-Crisanto

Tan só oito minutos para entender tanta atrocidade

Enviado: domingo, 18 jan 2009, 19:44
por latuneiro
La vida es lo único que poseemos.
La libertad.
El sentimiento.
La ilusión.
Es lo más y fuerte y a la vez lo más fragil.
La posesión más facil de robar.

Por favor no quitemos estos derechos tan naturales. Es lo único que de verdad nos iguala a todos; Ayer, hoy y mañana.
Tanto como el nacer desnudos.

Mejoremos el mundo. O por lo menos no lo empeoremos.


O Latuneiro. Carlos Conde.

Tan só oito minutos para entender tanta atrocidade

Enviado: segunda, 19 jan 2009, 13:12
por cachafeiro
tes razón Crisanto, desculpa, expreseime mal no encabezamento, pero me refería que o video completo dura unha hora e que con só eses oito minutos un xa podía ter unha imaxe do que alí aconteció.
Do cura que se nomea, o pai Neto, xa me falou o meu pai moitas veces, o recordaba como un ser sinistro que levaba, sobre a sotana, o cinto coa pistola.
O "pai" Neto era o encargado de tomar confeción aos presos e de comunicar ás autoridades do penal ditas confeciones, e ao día seguinte fusilábase ao que habìa confesado algun "pecado" contra a Patria.
Grazas ao ese personaxe, o meu pai, ata o último dia da súa vida, descreyó da igrexa, de Deus e de canto santo houbese no ceo.
Amigo Latuneiro estou de acordo contigo, roubáronlles a vida, a liberdade e a ilusión, pero non a dignidade.
Melloremos o Mundo pedindo xustiza.
Perdon e esquecemento, JAMAS.

Alexandra Cachafeiro Camiña