A DOR DAS MULLERES, SEMPRE AS MULLERES!!!

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "".
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A DOR DAS MULLERES, SEMPRE AS MULLERES!!!

Mensagempor cachafeiro » sexta, 05 dez 2008, 16:47

http://anosdomedo.blogspot.com/2008_07_01_archive.html


Mulleres.
Confeso que non estaba previsto escribir esta entrada, pero o xornal de hoxe trata sobre o avance do número de vítimas pontevedresas do golpe, feito polo proxecto de investigación Nomes, voces e lugares e, de pasada, afírmase no artigo que solo houbo unha muller fusilada de Pontevedra.



Abro un paréntese: 1º.- Debemos distinguir entre as vítimas de Pontevedra (68 segundo o informe) e as vítimas en Pontevedra, que superan amplamente os dous centos de persoas. 2º Hai, polo menos, dúas mulleres fusiladas de Pontevedra, ámbalas dúas tras consello de guerra: Consuelo Acuña Iglesias (en sitios aparece Janeiro), o 14-12-36 e Elvira Lodeiro González o 19 do mesmo mes, as dúas de Salcedo e fusiladas en Monte Porreiro. ( Véxase: Morrer en Salcedo).


Pois ben, a lectura do xornal faime lembrar que o papel das mulleres como vítimas da represión tras o golpe, queda moitas veces nun segundo plano, eclipsadas- do mesmo xeito que moitos obreiros- polos casos de persoas máis coñecidas por ocupar postos politicamente máis relevantes.




Non hai maior castigo que a morte pero a dor máis grande, o maior sufrimento, acaso sexa o que afecta a aqueles que sobreviven aos seus seres máis queridos, é unha sorte de morte que se prolonga no tempo. E as sobreviventes foron as mulleres. Elas van sufrir a represión directa do cárcere, das malleiras e outras vexacións que non custa traballo supoñer e que se calan, pero tamén serán as que teñan que tirar para adiante, moitas con fillos pequenos, cos seus homes mortos, no cárcere ou fuxidos e cos seus bens incautados pola lei de responsabilidades políticas. Algunhas andando no estraperlo ou na busca do volframio ou traballando de sol a sol, como a filla e neta de R. Meis que aproveitaban a lúa chea para sachar o seu millo porque de día tiñan que ir ao xornal.




Poñámonos no lugar de Celia, Marina, Angelita...ás que lle cortan o pelo ao cero e lles pintan UHP na fronte por teren desfilado coas milicias, soportando as burlas, mesmo as cancións da época ( Pelonaaa, sen pelos/cuatro pelos que tenías/ los vendiste de estraperlo...).

Poñámonos tamén no das mulleres que, escondidas na xunqueira do Cobo, escoitan cantar aos seus homes e familiares e logo os disparos, un 17 de abril do 37.




¿Cal sería a dor da muller dun dos fusilados de Marín que, segundo me contaba a súa filla, bótase a correr detrás da camioneta que saía da Normal ata Monte Porreiro e, cando chega alí, xa o seu home estaba morto e volta a unha funeraria para que lle fíen unha caixa que leva ao lombo para que non o enterren sen ela?




Tampouco é difícil imaxinar a cara de terror cando os cívicos entraban na casa furando os bocois, indo o viño a monte, co pretexto de ver se había escondidos dentro.

¿ Que pasaría pola cabeza de Maruja cando vai correndo a ver o corpo torturado e mutilado do que fora, facía anos, o seu mozo e que no agosto do 36 aparece na subida a Bora?




Tamén é o momento de lembrar á señora Carme e as idas ao monte para buscar toxo e deixarlle comida e roupa aos seus irmáns, fuxidos entre Mourente e Marcón.




¿Cal non sería a dor de Ita Lia Kuper mentres le a carta (estarrecedora di un comentarista neste blog) que lle dirixe o seu fillo Jacobo Zbarsky antes de morrer?

¿A cantas mortes equivale a dor da muller entrada en anos que aparece nunha foto abrazada ao piñeiro da carretera de Campañó, na Caeira, onde xunto a outros compañeiros, fusilaron ao seu fillo Víctor Casas?.



Calquera día, hoxe sen máis, é preciso lembrar a Consuelo e Elvira e aos centos de mulleres que sufriron, nelas e nos seus, a barbarie.

Publicado por Xosé Álvarez Castro





Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A DOR DAS MULLERES, SEMPRE AS MULLERES!!!

Mensagempor cachafeiro » sábado, 14 mar 2009, 17:33

MULLERES E MEMORIA HISTÓRICA
Por Aurora Marco




Milicianas


As milicianas representaron unha nova imaxe, como máis tarde as guerrilleiras, tamén mitificadas en certa medida. Alentadas por un discurso igualitario, alistáronse en Batallóns organizados de forma voluntaria os primeiros días da guerra, aínda que por un decreto de outubro dese mesmo ano (1936), houberon de retirarse da fronte e pasaron a realizar tarefas auxiliares. Só unhas poucas continuaron na loita.
Algunhas mulleres uníronse ás Milicias galegas, fundadas e organizadas na fronte de Madrid nun Batallón, comisariado por Santiago Álvarez, que xurdiu a iniciativa da Fronte Popular Galega e singularmente de Castelao, de acordo co PCE. O Batallón das Milicias Galegas, converteuse no 4º Batallón da 1ª Brigada da 11ª División do 5º Corpo do Exército Popular. Cando as tropas dos sublevados atacaron Madrid en novembro de 1936, entre as forzas que lles fixeron frente, había mulleres. Apenas hai información das galegas. As que cita Santiago Alvarez en Las milicias populares gallegas, son Marciana Pimentel traballaba en Madrid no servizo doméstico na casa dun tenente coronel


Marciana Pimenteldo Exército que pasou ao bando franquista. Marciana ingresou nas Milicias e traballou na enfermaría. Despois pasou a traballar na rúa Lista onde había oficinas e un obradoiro de confección da 11ª División. Alí prestaba tamén os seus servizos a súa curmá Eduvigis, da que non hai máis noticias, nen tan sequer o apelido. Marciana marchou despois a un cuartel de Guadalajara e posteriomente regresou a Madrid. Ao finalizar a guerra, co home nun campo de concentración, fixo da súa casa un lugar de acollida para viciños e coñecidos que estaban á espera de poder regresar a Galiza.
Esperanza Rodríguez Gómez foi unha campesiña que ingresou nas Milicias Galegas e pasou ao citado Batallón. Foi das máis estoicas e valerosas combatentes. Por mérito de guerra, chegou a oficiala da 4ª Compañía, coa que participou desde Seseña e Villaverde en todas as grandes batallas. Tamén ingresou nas Milicias Paulina Rodríguez, natural de San Miguel, Vilamartín de Valdeorras (Ourense). Irmá de Eladio Rodríguez, tenente do Batallón Galicia na fronte de Asturias, creado a mediados de agosto do 36, e Capitán da 11ª División, fusilado en 1941. Outra miliciana galega, da que se descoñecen datos foi Florinda.
A máis coñecida é Enriqueta Otero Blanco, ?A Pasionaria do Povo Galego?, ?A Pasionaria lucense?. Cando estourou a Guerra Civil, achábase en Madrid exercendo o maxisterio. Incorporada como miliciana de cultura á defensa de Madrid en xaneiro de 1937, destinada na Serra de Guadarrama, integrouse na Primeira Brigada Móvil de Choque da 46º División. Alí abriu hospitais-escolas, encargouse da formación dos soldados na liña de batalla, creou lares para os soldados e, no aspecto militar, chegou á graduación de Comandanta. A segunda parte da guerra estivo entre Madrid e Levante. Cando, subida a un tanque, seguía arengando á poboación madrileña sobre a necesidade de resistir, foi detida e conducida ao cárcere onde estivo algo menos dun mes porque, a véspera da rendición da cidade, escapou a Lugo e refuxiouse na casa do párroco de Santa María a Nova. Posteriormemte iniciou a súa actividade como guerrilleira co (a) ?María Dolores"


http://www.culturagalega.org/album/mull ... torica.php



Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes